Vinte (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vinte
TipoRevista dixital
Fundación2018
Empresa editoraFundación Praza Pública
DirectorMaría Yáñez
LinguaGalego
ÁmbitoGalicia Galicia
ContidoEntrevistas, Reportaxes, Crítica, Axenda cultural
Na rede
https://vinte.praza.gal/
Facebook: vintenapraza Twitter: vintenapraza Instagram: vintenapraza Youtube: UC-c0vGxMtEAajZDJSb1Ha7w Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vinte, tamén Vinte na Praza, é unha revista dixital galega lanzada o 11 de decembro de 2018. Está dirixida a un consumo totalmente dixital, cunha gran presenza de contidos multimedia[1].

Características[editar | editar a fonte]

María Yáñez, directora de Vinte.

Nos seus artigos trátanse diversos temas de sociedade, cultura e tendencias[2] e algunhas das súas seccións son Fai o que eu che diga, un consultorio en vídeo de Lucía Aldao, Iria Pinheiro e María Lado ou Vinte en..., reportaxes sobre a vida de personaxes concretas da cultura galega. Edítase dentro da plataforma do xornal Praza Pública, replicando o seu modelo de financiamento mediante achegas regulares de socios e publicidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. María Yáñez (10/12/2018). "Carta da redacción: Cara á Galicia dos anos 20". Consultado o 16/12/2018. 
  2. "Praza inicia a súa nova etapa co redeseño do xornal e a benvida a VINTE". Consultado o 16/12/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]