Vincenzo Viviani
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vincenzo Viviani, nado en Florencia o 5 de abril de 1622 e finado o 22 de setembro de 1703, foi un matemático e astrónomo italiano.
Traxectoria [editar]
Viviani proclamaba ser discípulo de Galileo, nunha época na que supuña unha valentía. En matemática ocupouse da teoría das proporcións.
Teorema de Viviviani [editar]
Débeselle un teorema que leva o seu nome, utilizado nos diagramas estatísticos triangulares, e que se enuncia así:
- A suma das distancias dede un punto interior dun triángulo equilátero aos tres lados é igual á súa altura.
Obra principal [editar]
- Quinto libro degli Elementi di Euclide, ovvero scienza universale delle proporzioni, spiegata con la dottrina del Galileo, con nuovo ordine distesa (1674); tivo unha segunda edición en 1690).
Dedicou o libro a Leopoldo de Medici, que lle facilitara o coñecemento de fragmentos de Galilei sobre as proporcións.
Na súa honra, un cráter da Lúa leva o seu nome.