Villeurbanne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVilleurbanne
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 45°45′58″N 4°52′46″L / 45.7661, 4.8794Coordenadas: 45°45′58″N 4°52′46″L / 45.7661, 4.8794
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAuvernia-Ródano-Alpes
DepartamentoRódano Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación156.928 (2021) Editar o valor em Wikidata (10.807,71 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921573 Traducir
Q3551055 Traducir Editar o valor em Wikidata
Parte de
Superficie14,52 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Ródano, Rize e Canal de Jonage (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude181 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Villeurbanne (en) Traducir Editar o valor em WikidataCédric Van Styvendael (pt) Traducir (2020–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal69100 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Bat Yam (pt) Traducir
Abovian
El Eulma (pt) Traducir
Khabarovsk
Abanilla
Altenburg (1971–)
Mahilioŭ (1979–)
Vilnius (2011–) Editar o valor em Wikidata

Sitio webvilleurbanne.fr Editar o valor em Wikidata
Facebook: villeurbanne Twitter: villeurbanne Instagram: villeurbanne LinkedIn: mairie-de-villeurbanne Editar o valor em Wikidata

Villeurbanne é un concello e unha cidade de Francia, na rexión de Ródano-Alpes, departamento de Ródano, no distrito de Lión. Está situada directamente ao nordés de Lión, co cal forma o corazón da segunda conurbación máis grande de Francia despois de París. A comuna forma a totalidade de tres cantóns: Villeurbanne-Centre, Villeurbanne-Nord e Villeurbanne-Sud. A súa poboación no censo de 2007 era de 138.151 habitantes.[1] Pertence á aglomeración urbana de Lión.

Historia[editar | editar a fonte]

Gratte-Ciel (1934) en Villeurbanne.

Sábese que a localización actual do centro de Villeurbanne foi habitada desde polo menos o VI milenio a. C. O seu nome actual provén dunha zona agrícola Galo-Romana, establecida no mesmo tempo que Lión (daquela Lugdunum) e coñecida como Vila Urbana ("casa"). Máis tarde converteríase en Urbanum, logo en Vila Urbane e, finalmente, en Villeurbanne.

Villeurbanne pertence ao reino de Francia desde 1349. Estaba separada de Lión polo río La Rize, unha rama antiga do río Ródano. Até o século XIX, a cidade non era máis que un mosaico de diferentes vilas separadas por campos e terras sen cultivar. Estes vilas sobreviviron na súa maioría, e hoxe en día forman os distritos de Charpennes, Cusset, Croix-Luizet, Maisons-Neuves etc. Coa era industrial, a economía de Villeurbanne disparouse: a industria téxtil foi a primeira en florecer, seguida pola mecánica e a química. Os factores atraeron a diversos grupos de inmigrantes, na súa maioría italianos.

Ao transformarse de comunidade rural a cidade industrial, Villeurbanne experimentou un tremendo auxe demográfico. De 3.000 habitantes en 1928, a súa poboación disparouse a 82.000 en 1931. Por iso o alcalde Lazare Goujon (elixido en 1924) prometeu á cidade unha iniciativa de grandes obras públicas. Poderíase dicir que o resultado máis visible deste programa é o Gratte-Ciel, un complexo de vivendas constituído por dúas torres Art déco e edificios máis pequenos anexos, aderezados ao longo da avenida Henri Barbusse. Estas estruturas son obra do arquitecto Môrice Leroux, e unha das máis notables estruturas Art déco de Francia. Tras someterse a unha renovación exhaustiva, as altas torres xemelgas de 19 pisos convertéronse no emblema da cidade.

Servizos[editar | editar a fonte]

Educación[editar | editar a fonte]

Moitos institutos e universidades normalmente listados como parte da "área de Lión" están realmente situados en Villeurbanne. Este é notablemente o caso do campus La Doua, fogar da Universidade Claude Bernard (Lión I), CPE Lyon e do Institut National des Sciences Appliquées de Lión.

Transporte[editar | editar a fonte]

Villeurbanne está ben servida polo sistema de transporte público do Grand Lyon, o "TCL" (Transports en Commun Lyonnais). A ramificación Leste da liña A do metro de Lión atravesa o corazón da cidade, e a liña T1 do tranvía conecta o campus La Doua co distrito comercial e empresarial de Part-Dieu e o Presqu'île do centro.

Localidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]