Vilaia de Tinduf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vilaia de Tindouf
ولاية تندوف
Algeria 37 Wilaya locator map-2009.svg
Mapa de Alxeria que sinala a vilaia de Tindouf
Código da vilaia 37
Código de área +213 (0) 49
Administración
Capital Tindouf
Dairas 1
Baladías 2
Estatísticas básicas
Área 159,000 km² (61,390 sq mi)
Poboación 58,193[1] (2008)
Densidade 0.4/km² (0.9/sq mi)

Tindouf, dito Tinduf, (en árabe ولاية تندوف) é a provincia máis occidental de Alxeria, cunha poboación de 58.193 habitantes en 2008.[1].

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Mapa mostrando os dous municipios

A provincia contén unha daïra (distrito), Tindouf, que corresponde coa provincia. A provincia e a daïra teñen a mesma poboación. A daira está dividida en dúas comunas ou municipios: Tindouf e Oum El Assel. É a única provincia de Alxeria que só ten un distrito, ademais de ser a que menos municipios ten.

Notas[editar | editar a fonte]