Viktor Yanukovych

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Viktor Ianukóvich»)
Viktor Yanukovych
Nome completoВіктор Федорович Янукович
Nacemento9 de xullo de 1950
Lugar de nacementoIenakiieve
NacionalidadeUnión Soviética, Ucraína e Rusia
RelixiónIgrexa Ortodoxa Ucraína do Patriarcado de Moscova e Cristianismo ortodoxo
Alma máterDonetsk National Technical University e Ukrainian State University of Finance and International Trade
Ocupaciónenxeñeiro, economista, político, xurista, diplomático e profesor de educación superior
CónxuxeLyudmila Yanukovych
FillosViktor Yanukovych e Oleksandr Yanukovych
PremiosOrde de José Martí, Order of St. Mesrop Mashtots, Medal of Anania Shirakatsi, Order of Merit (Ukraine), 3rd class, Order of Merit (Ukraine), 2nd class, Order of Merit, 1st class, Gran cruz da Lexión de Honor, Order of Ismoili Somoni, Silver Olympic Order, Ordem da República da Sérvia, Heydar Aliyev Order, Order of Zayed, Merited transport worker of Ukraine, Honoured Rail Worker, Order of Holy Prince Daniel of Moscow 1st class, Order of St. Sergius of Radonezh 1st class, Miner's Glory 1st class, Miner's Glory 2nd class, Miner's Glory 3rd class, sen etiquetar, Grand Cordon of the Supreme Order of the Chrysanthemum, Order of Independence, Presidential Order of Excellence, Order of St. Sergius of Radonezh, Order of St. Nestor the Chronicler, Dostyk Order of grade I, sen etiquetar, sen etiquetar, Order of the Precious Wand, Order of the Crown of Brunei, Ordem do Crisântemo, Ordem Olímpica, Order of St. Prince Vladimir e Order of Holy Prince Daniel of Moscow
Na rede
IMDB: nm2530864 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Viktor Fedorovych Yanukovych (en ucraíno: Віктор Федорович Янукович), nado en Ienákiievo, óblast de Donetsk, Ucraína, o 9 de xullo de 1950, é un político ucraíno que foi presidente de Ucraína.

É o líder do Partido das Rexións, un dos principais partidos políticos de Ucraína. Foi xefe do Goberno ucraíno durante tres períodos, e presidente do país.

Foi destituído pola Rada Suprema (Parlamento) o 22 de febreiro de 2014 tras as protestas que desencadeou na súa contra a revolución do Euromaidán en Kíiv.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa xuventude estivo dúas veces na cadea cumprindo condenas por cometer delitos comúns. As dúas penas condenárono a un total de 5 anos de cárcere. O 15 de decembro de 1967 foi condenado a 3 anos de prisión por delito de atraco, como membro da banda criminal "Pivnovka",[1] aínda que a pena foi rebaixada a 1,5 anos con motivo do 50º aniversario da Revolución bolxevique,[2] pero o 8 de xuño de 1970 foi condenado de novo, a dous anos de prisión, por causar graves feridas nunha pelexa.[3] Con estes antecedentes é considerado un duro.[4]

En canto á súa vida política, foi gobernador do óblast de Donetsk (a súa cidade natal) de 1997 a 2002. Foi primeiro ministro de Ucraína en dous períodos, desde o 21 de novembro de 2002 até o 31 de decembro de 2004, e dende o 4 de agosto de 2006 até o 16 de novembro de 2007, cando renuncia tras as eleccións dese ano.

Foi o segundo candidato máis votado nas eleccións presidenciais ucraínas de 2004, e o seu partido o máis votado nas eleccións lexislativas de 2006 e 2007. Nas eleccións presidenciais de 2004, sendo primeiro ministro, foi candidato a presidente co apoio do presidente Leonid Kuchma, contra o candidato opositor Viktor Yushchenko. Para evitaren a posíbel vitoria de Yushchenko, os partidarios de Yanukovych denunciaron fraude electoral, declarándoo gañador. Este feito provocou a Revolución laranxa, e a revogación, por decisión do Tribunal Supremo de Ucraína, dos resultados das eleccións, e convocando outras, que gañou Yushchenko, polo que Yanukovych viuse obrigado a dimitir como primeiro ministro. Novamente presentouse ás eleccións presidenciais de 2009, nas que obtivo a vitoria sobre a súa rival Iulia Timoshenko co 52 % dos votos. Tomou posesión do cargo en 2010.

O 3 de xullo de 2012 aprobouse unha lei que outorgaba ao ruso o carácter de lingua cooficial, xunto co ucraíno, en Crimea e na parte oriental do país. En realidade, Yanukovych pretendía que o ruso fora cooficial en toda Ucraína, pero iso implicaba unha emenda constitucional que requiría a aprobación de polo menos 300 deputados.[5]

A popularidade de Yanukovych empezou a decaer cando, no mesmo ano de 2012, producíronse protestas contra o procesamento e arresto da líder opositora, líder do bloque prooccidental e dereitista, Iulia Timoshenko. Como resposta, os líderes occidentais europeos boicotearon a Eurocopa 2012, celebrada en Polonia-Ucraína.[6] As protestas foron aínda maiores cando, a finais de xullo, aprobou mediante lei a implantación do ruso como segunda lingua oficial, coa finalidade de colleitar votos das provincias do leste e do sur, que contan cunha gran porcentaxe de poboación rusófona.

O pasado delituoso de Yanukovych foi un dos argumentos dos seus opoñentes durante a Revolución laranxa.[7] Os partidarios de Yanukovych alegaron que en 1978 o Tribunal Rexional de Donetsk lle quitara as sancións, e que por iso en 1980 puido ingresar no Partido Comunista da Unión Soviética, despois de graduarse na Universidade Técnica Nacional de Donetsk (por correspondencia) como enxeñeiro mecánico. Os opositores afirmaron que esta absolución do Tribunal Rexional era unha falsificación.

O 8 de febreiro de 2005, a fiscalía de Donetsk reiniciou as investigacións sobre esta acusación. E en xuño determinou que durante o período de 2002 a 2004 os partidarios de Yanukovych falsificaran estes documentos, e que os documentos orixinais de 1978 desapareceran.[8] O 25 de xaneiro de 2006 o ministro do Interior, Iuri Lutsenko, declarou que a investigación dos documentos sobre a suposta anulación dos antecedentes penais demostrara que estes documentos foran falsificados.[9]

Durante a súa estadía no poder, Yanukovych obtivo os títulos de doutor en Ciencias Económicas e Profesor. Os seus opositores afirmaron que obtivo os títulos inmerecidamente e usando os mecanismos do poder.[10]

En clara alusión a Yanukovych, o 24 de setembro de 2007, Iulia Timoshenko, líder do bloque que leva o seu nome (BYUT), propuxo prohibir por lei que as persoas con antecedentes penais puidesen ocupar altos postos do Estado, en particular, os de presidente, primeiro ministro, deputado, membro do goberno, xuíz e fiscal:

"En todos os países civilizados, os delincuentes postos en liberdade tras cumprir a condena encóntranse baixo un rigoroso control da sociedade e os respectivos organismos controladores. No mellor dos casos, danlles un traballo que non ten grande importancia social. Só aquí, en Ucraína, tales individuos non encontran ningún obstáculo para pretender a presidencia do país, ser primeiro ministro, ou diputado. Cómpre poñer fin a esta práctica. Se tales persoas non se van elas mesmas, quitarémolas do poder pola lei."[11]

Revolución do Euromaidán[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Euromaidán.
Manifestantes na Praza da Independencia (Maidán) en Kíiv.

O 30 de marzo de 2012 Yanukovych e os líderes da Unión Europea asinan un tratado de adhesión de Ucraína á UE. Porén, este tratado non se leva a cabo pois unha das exixencias para a unión era a liberación de Timoshenko e Lutsenko. As negociacións estancaríanse durante un ano.

Meses antes do inicio das protestas, Yanukovych promete ao pobo levar a cabo as reformas necesarias para que Ucraína entre na UE. A razón disto foi a caída da produción industrial que estaba sufrindo o país ao longo de 2013. Yanukovych asistiu ao cumio da UE os días 28 e 29 de novembro de 2013 en Vilnius (onde orixinalmente estaba previsto que o Acordo de Asociación se asinase o 29 de novembro de 2013). Pero o acordo non se asinou.

Rusia prometeu axudar economicamente a Ucraína se esta desistía das súas aspiracións europeístas.

O 21 de novembro de 2013 estala en Kíiv unha serie de concentracións organizadas sobre todo por gupos fascistas, como "Svodoba" (Liberdade), na Praza da Independencia, exixindo ao Goberno retomar o diálogo coa Unión Europea. A concentración aglomerou a centos de miles de persoas, de variadas ideoloxías, na praza e nas rúas adxacentes, con discursos diarios de líderes políticos opositores e iconas culturais estranxeiros que viñan en sinal de motivación e apoio.

A comezos de xaneiro de 2014 as protestas foronn radicalizándose e expandíndose ao longo do centro e o oeste do país, de maioría nacionalista e ucraínofalante, e con algúns focos no leste, maioritariamente rusofalante e rusófila, porque xa non só a exixencia era o cambio económico cara a Europa, senón o cambio total de goberno.

A noite entre o 19 e o 20 de febreiro, Yanukovych e os principais líderes da oposición (Vitali Klichkó, Arseni Iatseniuk e Oleg Tiagnibok) acordaron unha tregua e o desarmamento das barricadas colocadas na praza da capital anteriormente como medida de contención ás forzas policiais.

Fuxida e destitución[editar | editar a fonte]

O 21 de febreiro aprobouse un acordo entre Yanukovych e a oposición para adiantar as eleccións, formar un Goberno de transición, volver á Constitución de 2004 −a cal conta con emendas respecto á Constitución de 1996− e frear a violencia. Na madrugada do 21 ao 22 de febreiro, o presidente Viktor Yanukovych, sen pasar pola súa residencia en Mezhyhirya, onde varios camións e helicópteros recollían os seus aparellos, e sen informar ao Parlamento, abandonou a capital e desapareceu en dirección descoñecida. O 22 de febreiro, pola mañá, a Rada Suprema (Parlamento) tomou o control do país votando, por maioría, a volta á Constitución de 2004, acordada o día anterior.

Só despois de dita volta ao sistema político parlamentario, en lugar do presidencial, Aleksandr Turchínov asumiu a presidencia do Parlamento, previa renuncia por escrito do presidente anterior, Vladímir Ribak, que excusou a súa ausencia á sesión plenaria por motivos familiares. Ao día seguente, Turchínov foi nomeado así mesmo, primeiro ministro en funcións col fin de realizar a coordinación das tarefas do Goberno.

Asilo na Federación Rusa[editar | editar a fonte]

O 28 de febreiro Yanukovych reapareceu en Rostov do Don, en territorio da Federación rusa, onde ofreceu unha conferencia de prensa.[12] relatando a traxectoria da súa fuxida e denunciando un presunto golpe de Estado.

O deposto presidente de Ucraína afirmou que seguía considerándose o xefe de Estado lexítimo de Ucraína, e pediu a Rusia que garantise a súa seguridade, solicitude que foi satisfeita, segundo fontes locais rusas.

Mensaxe e situación de Crimea[editar | editar a fonte]

"Eu, Viktor Fiódorovich Yanukovych, diríxome ao pobo de Ucraína. Como antes, considérome o xefe lexítimo do Estado ucraíno, elixido pola vontade libremente expresada dos cidadáns ucraínos", sinala o texto. "Lamentabelmente, todo o que ocorre agora na Rada Suprema de Ucraína non e lexítimo".

Yanukovych asegurou que as decisións que se adoptan nestes momentos na Rada Suprema (Parlamento) tómanse en ausencia de moitos dos membros do Partido das Rexións -a súa propia formación- e doutros grupos, que temen pola súa vida, e algún dos cales foron vítimas de violencia e víronse obrigados a abandonar Ucraína de maneira ilegal.

"É evidente que o pobo do sueste de Ucranía e Crimea (zonas rusofalantes) non acepta o baleiro de poder e o que está ocorrendo no país, cando os dirixentes dos ministerios son elixidos por unha multitude nunha praza", engadiu Yanukovych.

O deposto presidente ucraíno tamén afirmou que calquera orde que se dea ás Forzas Armadas e aos servizos de seguridade para intervir nos asuntos internos políticos do país será ilegal e criminal. E anunciou que estaría determinado a loitar até o final polo cumprimento "dos importantes acordos alcanzados para sacar a Ucraína da súa profunda crise política", en referencia ao acordo que el susbcribiu o 21 de febreiro coa entón oposición e a mediación da Unión Europea.

Predecesor:
Volodímir Sherban
Gobernador de Donetsk

1997-2002
Sucesor:
Anatoli Bilzniuk
Predecesor:
Anatoli Kínai
Primeiro ministro de Ucraína

2002-2005
Sucesor:
Iulia Timoshenko
Predecesor:
Volodímir Seminózhenko
Líder do Partido das Rexións

2003-2010
Sucesor:
Mikola Azárov
Predecesor:
Iuri Ieianúrov
Primeiro ministro de Ucraína

2006-2007
Sucesor:
Iulia Timoshenko
Predecesor:
Viktor Yushchenko
Presidente de Ucraína

2010-2014
Sucesor:
Aleksandr Turchínov

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]