Vide, As Neves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vide
Igrexa de Santa María de Vide
ConcelloAs Neves[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°05′00″N 8°23′31″O / 42.0832951, -8.3919168Coordenadas: 42°05′00″N 8°23′31″O / 42.0832951, -8.3919168
Área3,4 km²
Poboación404 hab. (2017)
Densidade118,82 hab./km²
Entidades de poboación32[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Vide é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 492 habitantes (262 mulleres e 230 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 482 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Colleita en Vide.

Vide limita ao leste coa parroquia de Sela (Arbo), ao oeste co río Termes, ao norte cos montes de San Fins e Odrago e ao sur co río Miño. É de terras chans.

Historia e patrimonio[editar | editar a fonte]

No Coto do Galo, na parte alta da parroquia, hai varios petróglifos.

A igrexa parroquial é de orixe románica e foi reformada no 1782, sendo cura párroco Joaquín Cabeza de Vaca. No seu interior, a bóveda vai decorada cuns frescos. No muro do adro, sobre un fuste duns 3 metros de altura, hai un reloxo de sol de gran tamaño dividido en catro partes, formando ángulos rectos, que ata fai ben pouco servía como indicador das horas de rega. É do século XIII, da época da primeira construción da igrexa.

Os campos da parroquia están regados por unha cal que percorre 6 quilómetros, partindo desde o extremo norte da freguesía de San Xosé de Ribarteme. Segundo a tradición foi creada durante a romanización de Galicia.

Por esta parroquia pasa o camiño dos Frades, unha ruta de 15 km que sae da capela de San Manuel, en Medáns (Setados), e vai cara ao santuario da Franqueira (A Cañiza). O camiño foi percorrido pola raíña Isabel de Portugal no século XII como variante da vía portuguesa do camiño de Santiago. Desde Porto e Braga cruzando o Miño por unha antiga ponte de madeira no lugar da Barca Nova, en Medáns. A partir de aquí continuaba ata A Franqueira, onde descansaba no mosteiro para proseguir camiño cara a Pontevedra en dirección a Santiago de Compostela.

Festas[editar | editar a fonte]

Tractorada de Vide 2011.

As festas patronais celébranse os días 14, 15 e 16 de agosto; e as dúas semanas anteriores organízanse actividades culturais como camiñadas, tractoradas ou maratóns.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Vide[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Vide no concello das Neves (Pontevedra)

A Adega | A Aldea | As Barreiras | Barxa | Bermuín | A Carrasqueira | O Casal | A Chan | A Chan de Vide | A Chanciña | A Costa | O Coto | A Escaravelleira | A Gandra | A Igrexa | O Lugar | Miranciños | Panchóns | As Pontaleiras | A Ponte | A Porteliña | Prado | Quinta | Requeixo | Riba do Eido | As Rozadas | O Souto | A Toxeira | A Val | As Viñas | O Xestal | Xestosa

Parroquias das Neves[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias das Neves

Batalláns (Santa Eulalia) | Cerdeira (San Xoán) | Liñares (Santa María) | As Neves (Santa María) | Rubiós (San Xoán) | San Cibrán de Ribarteme (San Cibrán) | San Pedro de Batalláns (San Pedro) | San Xosé de Ribarteme (San Xosé) | Santiago de Ribarteme (Santiago) | Setados (Santa Euxenia) | Taboexa (Santa María) | Tortoreos (Santiago) | Vide (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]