Victoria, Seixeles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 4°37′00″S 55°27′00″E / 4.61667°S 55.45000°E / -4.61667; 55.45000

Victoria, Seixeles
Victoria (Seychelles).jpg
Situación xeográfica
Victoria en Seixeles
Victoria
Victoria
País Seixeles Seixeles Seixeles
Illa Mahé
Xeografía
Altitude msnm
Poboación
Poboación 24.970 hab. (2002)
Densidade hab/km²
Información
Código postal
Alcalde
Páxina web

Victoria, ás veces chamada Port Victoria, é a capital das illas Seixeles, cunha poboación de 24.924 habitantes (2002), máis dun terzo da total da illa. É o centro político, económico e administrativo do país.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Victoria está situada na costa nordeste da illa de Mahé, a principal do arquipélago, abríndose sobre unha ampla baía, na que se sitúa o porto marítimo. Posúe o Aeroporto International das Seixeles (acabado en 1971), que é o único do país. As súas coordenadas xeográficas son 4º 37' 25" S e 55º 27' 16" L.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

A aglomeración de Victoria comprende oito dos 25 distritos das Seixeles:

  1. La Rivière Anglaise.
  2. Mont Buxton.
  3. Saint Louis.
  4. Bel Air.
  5. Mont Fleuri.
  6. Roche Caïman.
  7. Les Mamelles.
  8. Plaisance.

Economía[editar | editar a fonte]

A cidade vive sobre todo do turismo e da comercialización de produtos propios das illas. As principais exportacións de Victoria son a vainilla, as noces de coco, o aceite de coco, conchas de tartarugas, xabón e guano. Posúe algunha industria importante a nivel local, como a de conservas de atún.

Turismo[editar | editar a fonte]

A célebre reprodución do Big Ben no centro de Victoria, diante do edificio do Ministerio de Xustiza

Como atraccións na cidade (ver máis abaixo) pódense ver unha torre de reloxo, reprodución aproximada e reducida do Big Ben de Londres, O Pazo de Xustiza, o Xardín botánico de Victoria, o Museo nacional de historia, o Museo de historia natural e máis o mercado "Sir Selwyn Selwyn-Clarke".

O reloxo está no centro urbano. É o monumento máis fotografado polos turistas. Foi levantado en 1903, data do acceso das Seixeles ao status de colonia británica. Punto de intersección da Avenida da Independencia e da rúa Albert, é testemuña doutra curiosidade: os únicos semáforos da illa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Victoria