Victor Serge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVictor Serge

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Ви́ктор Льво́вич Киба́льчич Editar o valor em Wikidata
30 de decembro de 1890 Editar o valor em Wikidata
Bruxelas, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Morte17 de novembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
sen valor Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria, acción política, xornalismo e actividade tradutora Editar o valor em Wikidata
Ocupacióntradutor , político , revolucionario , escritor , xornalista , anarquista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorL'anarchie (periódico) (pt) Traducir
Les Temps nouveaux (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética
Partido Obrero de Unificación Marxista Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioVictor Serge
Rétif Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeLiuba Russakova Kibalchich
Laurette Séjourné
ParellaRirette Maitrejean (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosVlady Kibalchich Russakov
 () Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Victor Serge, nado como Viktor Lvovitch Kibaltchitch (en lingua rusa Виктор Львович Кибальчич) en Ixelles o 30 de decembro de 1890 e finado en México o 17 de novembro de 1947, foi un revolucionario,[1] anarquista e escritor ruso en lingua francesa. Malia nacer en Bélxica os pais eran emigrantes políticos rusos e el tivo nacionalidade rusa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante anarquista, a Revolución de Outubro levouno ó comunismo. En febreiro de 1919 chega Petrogrado e únese ó Partido Comunista Bolxevique. Traballou na Terceira Internacional como periodista, editor e tradutor. Representou á Internacional Comunista en Alemaña e traballou na insurrección errada de outono de 1923. Aquela experiencia levouno ás filas da Oposición de Esquerdas, da que foi figura destacada en Leningrado. En 1928 foi expulsado do partido e encarcerado, pero despois foi liberado. A partir de entón comezou a gaña-la vida escribindo novelas, a maioría das cales se publicaban en Francia. En 1933 foi arrestado e deportado. En abril de 1936, tras unha campaña internacional, foi expulsado da Unión Soviética. Entón renovou contactos con Lev Trotski, pero non foron duradeiros. En 1940 foxe de París, pouco antes da toma da cidade polo nazismo, e radicou en México onde faleceu.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

Novela, conto e poesía[editar | editar a fonte]

  • Les Hommes dans la prison, Rieder, 1930
  • Naissance de notre force, Rieder, 1931
  • Ville conquise, Rieder, 1932
  • Mer Blanche, en Les Feuillets bleus n°295, 1935
  • L’Impasse Saint-Barnabé, en Esprit n°43-44, 1936
  • Résistance, 1938
  • S’il est minuit dans le siècle, Grasset, 1939
  • Les Derniers Temps, L'Arbre, 1946 e Grasset, 1951
  • L’Affaire Toulaev, Le Seuil, 1948
  • Les Années sans pardon, François Maspero, 1971
  • Le Tropique et le Nord, François Maspero, 1972
  • Les Révolutionnaires, Le Seuil, 1980
  • Mémoires d'un révolutionnaire (1901-1941), Le Seuil, 1951

Ensaios e estudos históricos[editar | editar a fonte]

  • Pendant la guerre civile : Pétrograd mai-juin 1919, 1921
  • Les Anarchistes et l’expérience de la révolution russe, Cahiers du Travail, 1921
  • La Ville en danger : l’an II de la Révolution, Librairie du Travail, 1924
  • Lénine 1917, Librairie du Travail, 1925
  • Les Coulisses d’une sûreté générale : l’Okhrana, 1925
  • La Lutte des classes dans la révolution chinoise, en Clarté, 1927
  • Soviet 1929, Rieder, 1929
  • L’An I de la Révolution russe, Librairie du Travail, 1930
  • Littérature et révolution, Libraire Valois, 1932
  • Seize fusillés : où va la révolution, 1936 e 1972
  • Destin d’une révolution : URSS 1917-1937, Grasset, 1937
  • Portrait de Staline, Grasset, 1940[3]
  • Le Nouvel Impérialisme russe, Cahiers Spartacus, 1947 e 1972
  • Vie et mort de Léon Trotsky (con Natalia Sedova), Amiot-Dumont 1951
  • Le Tournant obscur, Les Îles d'or, 1951
  • Carnets, Julliard, 1952
  • Victor Serge et Léon Trotsky : La lutte contre le stalinisme (textos de 1936-1939)
  • Note d'Allemagne (1923)
  • Mémoires d’un révolutionnaire et autres écrits politiques (1908-1947)
  • Retour à l’Ouest - Chroniques (juin 1936 - mai 1940),
  • Mémoires d'un révolutionnaire 1905-1945,
  • L'extermination des Juifs de Varsovie et autres textes sur l'antisémitisme

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Victor Serge, l'insurgé, documental de Carmen Castillo, 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Konopnicki, Guy (3 de decembro de 2001). "Moi, Victor Serge, le libertaire visionnaire". Marianne. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2018. Consultado o 02 de marzo de 2024. .
  2. Schwartz, Stephen (11 de xuño de 2001). [www.weeklystandard.com/the-mysterious-death-of-walter-benjamin/article/1487 "The Mysterious Death of Walter Benjamin"] |url= incorrecto (Axuda). The Weekly Standard. 
  3. Lilly Marcou, Staline vu par l'Occident. Revue française de science politique, ano 1972, 22-4, pp. 892-893

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]