Victor D'Hondt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Victor D'Hondt.

Victor D'Hondt, nado o 20 de novembro de 1841 e finado o 30 de maio de 1901, foi un xurista belga e profesor de dereito civil e de dereito fiscal na Universidade de Gante. Foi tamén matemático.

Índice

Traxectoria[editar]

Ideou un método, descrito en 1878 e coñecido como Sistema D'Hondt que permite obter o número de cargos electos en proporción aos votos conseguidos polas candidaturas. O seu método, que é polémico[1] e promove ou tende, dentro dun sistema electoral democrático, ao chamado bipartidismo[2], foi adoptado en moitos países, por exemplo: Arxentina, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Chile, Colombia, Croacia, Eslovenia, España, Finlandia, Guatemala, Irlanda, Israel, Xapón, Países Baixos, Paraguai, Polonia, Portugal, República Checa, Suíza, Turquía ou Venezuela.

Obra[editar]

  • Système pratique et raisonné de représentation proportionnelle. Bruxelles, 1882

Notas[editar]

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]