Vicente Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vicente Pérez
Nacemento1851
Lugar de nacementoOurense
Falecemento19 de decembro de 1921
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Vicente Pérez Pérez, nado en Ourense en 1851 e finado en Madrid o 19 de decembro de 1921, foi un político liberal ourensán, líder do Partido Liberal na cidade de Ourense durante os anos da Restauración.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en 1851, a súa carreira política comezou como deputado a Cortes polo distrito de Ourense en 1872, escano que mantivo de maneira practicamente ininterrompida ata 1918. Foi Director Xeral de Prisións en 1905 no goberno de Montero Ríos e creou a Escola de Criminoloxía.

En 1910, no goberno de Canalejas, foi Director Xeral dos Rexistros e o Notariado e tamén foi Ministro togado do Tribunal de Contas de 1910 a 1921, cando foi elixido senador pola provincia de Ourense.

En 1880 fundou o periódico El Eco de Orense como o seu altofalante político. Logo da ruptura con Valentín Lamas Carvajal pola orientación conservadora que imprimía como director a El Eco de Orense, fundou en 1898 o xornal El Miño.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica. Na súa honra unha das rúas máis céntricas de Ourense foi nomeada Avenida de Vicente Pérez en agosto de 1894. Esta vía forma parte hoxe da Rúa do Paseo e cubría o tramo que vai das actuais Rúa da Concordia (entón Estrada de Trives) ao Parque de San Lázaro (anteriormente Campo da Feira). En decembro de 1931 o nome da rúa foi cambiado polo de Fermín Galán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]