Vicent Salvador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vicent Salvador
Nacemento1 de xaneiro de 1951
Lugar de nacementoPaterna
Falecemento24 de xaneiro de 2023
Lugar de falecementoValencia
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncatedrático, filólogo, poeta e ensaísta
PremiosAusiàs March Poetry Prize, Premis València, October Prize e Premis de la Crítica dels Escriptors Valencians
editar datos en Wikidata ]

Vicent Salvador i Liern, nado en Paterna en 1951 e finado en Valencia o 24 de xaneiro de 2023, foi un escritor valenciano, catedrático de filoloxía catalá na Universidade Xaime I de Castelló de la Plana e membro da Xunta directiva do Institut Interuniversitari de Filologia Valenciana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1980 apareceu o seu primeiro poemario, Argiles, ao que seguen Ritual de cendra (1981), Calabruix (1985) e El mercat de la sal (1992). A súa era unha poesía intimista e existencialista, con temas como o paso do tempo, o amor ou a morte, ademais dunha forte identificación do home coa natureza.

Entre as súas obras de investigación e ensaio destacan El gest poètic : cap a una teoria del poema (1984), Invitació a la literatura catalana (1987), La frontera literària (1988) ou Els arxius del discurs (2000).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]