Vic Firth, Inc.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baquetas Vic Firth

Vic Firth Company (formalmente chamada Vic Firth, Inc.) é unha compañía norteamericana fabricante de baquetas é útiles relacionados co mundo da batería, sendo esta a maior empresa dedicada a este tema. Foi fundada no ano 1963 por Vic Firth. Ten a súa sede no estado de Massachusetts, pero os seus produtos fabrícanse en Maine.

Orixe[editar | editar a fonte]

A Vic Firth Company ten a súa orixe no momento no que a Vic Firth, quen levaba tocando 12 anos para a Boston Symphony Orchestra, se lle pediu que empregase un par de baquetas mellores das que se fabricaban por aquela época. Entón Vic Firth decidiu deseñar o seu propio par. Como acreditaría o propio Vic Firth: "Comecei a deseñar por necesidade, non por imaxinación ou interese por crear unha compañía".

Os dous primeiros prototipos de baquetas deseñados por Vic Firth foron enviados a Montreal. Máis tarde, corresponderíanse cos modelos de baquetas SD1 e SD2, que, efectivamente, foron os primeiros manufacturados por Vic Firth, Inc. Nos seus inicios, estas baquetas foron empregadas soamente para uso persoal de Vic Firth, pero comezaron a volverse populares entre os seus alumnos, que comezaron a demandarllas.

Hoxe en día, a compañía Vic Firth ampliou o seu catálogo a 300 artigos e cada ano fabrica 12 millóns de baquetas, sendo a primeira produtora mundial de baquetas e produtos para a batería.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]