Viburno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viburnos (xénero Viburnum)
'Viburnum opulus (Guelder Rose) - from Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz 1885
'Viburnum opulus (Guelder Rose) - from Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz 1885
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Dipsacales
Familia: Adoxaceae
Xénero: ''Viburnum''
L.
Especies

véxase no texto

Viburnum lesquereuxii

Os viburnos son plantas do xénero Viburnum, un xénero de fanerógamas con 150-175 especies de arbustos ou (en poucas especies) pequenas árbores que estaban anteriormente incluídos na familia Caprifoliaceae. Os tests xenéticos efectuados polo sistema APG II amosan que están correctamente clasificados na familia Adoxaceae.[1]

Son nativos das rexións temperadas do Hemisferio Norte, cunhas poucas especies distribuídas nas zonas montañosas tropicais de América do Sur, sueste de Asia. En África, o xénero está confinado nas montañas do Atlas.

As follas son opostas, simples e enteiras, dentadas ou lobuladas, nas rexións frías son caducas, mentres que nas rexións temperadas son perennes.

As flores prodúcense en corimbos de 5-15 cm de ancho, con flores brancas, beixes ou rosas de 3-5 mm de diámetro con cinco pétalos. O froito é unha drupa esférica de cor avermellada ou púrpura que contén unha soa semente que son o alimento dos paxaros e outros animais bravas.

Etimoloxía

Viburno nome galego do latín Viburnum: nome xenérico do nome clásico latino dunha especie deste xénero, Viburnum lantana, chamada a "árbore camiñante".[2]

Especies seleccionadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Germplasm Resources Information Network: Viburnum
  2. En Nombres Botánicos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Viburno
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Viburno