Viaduto de Millau
Coordenadas: 44°05′07″N 3°01′18″E / 44.08528°N 3.02167°E
| Ponte le Viaduc de Millau | |
|---|---|
| Río | Val do río Tarn |
| Concello | Millau - Creissels |
| Provincia | Aveyron, Francia |
| Data | 2004 |
| Lonxitude | 2.460 m |
| Ancho | 32 m |
| Gálibo | 343 m |
| Tipo | Tirante |
| Material | Formigón armado e aceiro |
O Viaduto de Millau (en francés le Viaduc de Millau) é a ponte máis alta do mundo, acada os 343 m no seu punto máis alto. Localizase preto da cidade Millau (Francia) e salva o val do río Tarn ó longo de 2460 m sobre 7 pilares de formigón.
Forma parte da autoestrada francesa A75 e foi inaugurado o 14 de decembro do 2004 despois de 36 meses de construción. Preto de 3.000 persoas traballaron neste proxecto, que custou cerca 400 millóns de euros.
O viaduto foi deseñado polo prestixioso arquitecto inglés Norman Foster (Foster and Partners) e polo enxeñeiro francés Michel Virlogeux. No 2006 a obra foi premiada pola Asociación Internacional de Enxeñeiros de Pontes e Estruturas (IABSE).[1]
Índice |
Galería de imaxes [editar]
-
Comparanza coa Torre Eiffel.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Torres Arcila, Martha; Bridges, Atrium International S.A., 2002, ISBN 84-95692-61-9
Ligazóns externas [editar]
- Modelo en 3D en Google Earth (cómpre ter Google Earth instalado).
- Nicolas Janberg's Structurae (en inglés).