Veterinario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un veterinario traballando

O veterinario é, segundo a R.A.G., a persoa que se acha legalmente autorizada para profesar e exercer a veterinaria.

O Médico Veterinario xa non se restrinxe á área da saúde animal, o seu campo é máis amplo que o estudo, diagnóstico e tratamento das enfermidades dos animais; pasou a desempeñar un notable papel nos sectores agroindustrial e gandeiro. O veterinario recibe unha adecuada formación en materia de produción e control sanitario dos alimentos de orixe animal, froitas, verduras, hortalizas e cogomelos destinados a consumo humano (son os chamados Inspectores de Sanidade), incluída a conservación dos mesmos e toda a lexislación referente. Préstase especial atención a programas de saneamento gandeiro, control de animais salvaxes e de compañía e prevención e control de enfermidades de animais, especialmente daquelas transmisibles ao home.

O veterinario colabora coa medicina humana na preparación de soros e vacinas, nutríndose mutuamente ambas profesións. É importante tamén a participación no control do medio ambiente a fin de garantir os equilibrios biolóxicos da natureza e defendendo a saúde do home.

Entre as funcións que poden realizar estes profesionais pódense destacar as de observación, interpretación e diagnóstico da patoloxía dos animais, mellorar o rendemento animal e a gandería produtiva, vixiar a fabricación e posta en circulación dos produtos alimenticios de orixe animal destinados ao consumo humano, analizar o comportamento dos animais, a investigación e a docencia.

En xeral poderíase dicir que a profesión veterinaria ocúpase do coidado e estudo da produción, explotación, medicina preventiva e curativa dos animais útiles ao home, das súas relacións hixiénico-sanitarias e da obtención, industrialización e tipificación dos produtos de orixe animal.

Orixe da palabra[editar | editar a fonte]

Picture 468.jpg

Esta palabra ten varias orixes posibles.

A orixe desta palabra é latino culto. Veterinarius, segundo o escritor Catón, era o coñecedor e practicante da arte de curar as veterinae ou veterina, é dicir, as bestas de carga. O nome destes animais parece proceder de vetus (vello), porque se trataría de animais envellecidos, e polo tanto non aptos para xa para as carreiras nin para os carros de guerra e só útiles para o transporte. Outras fontes afirman que veterina puido nacer do verbo veho, vehere, de onde se derivaría vehículo, que significa precisamente transportar.

O albeite (palabra de orixe árabe) é a persoa que cura animais sen te-lo título de veterinario.

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • As amatas do meu burro fixeron de min albéitar.
  • Ó albéitar non lle doe a carne de besta.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Veterinario