Verano azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Verano azul
Formato Drama-Comedia
Creado por Antonio Mercero
Intérpretes Antonio Ferrandis
María Garralón
José Luis Fernández
Juan José Artero
Miguel A. Valero
Miguel Joven
Cristina Torres
Pilar Torres
Gerardo Garrido
Tema de apertura Cuéntame (Rosario)
País de orixe España
Episodios 19
Produción
Duración 60 min
Emisión orixinal
Canle de orixe TVE
Emisión 11 de outubro de 198114 de febreiro de 1982
Ligazóns externas
Páxina web
Ficha na IMDb

Verano azul foi unha serie de televisión de Televisión Española producida en 1981 e dirixida por Antonio Mercero. Foi rodada durante 16 meses, entre finais de agosto de 1979 e decembro de 1980, na localidade malagueña de Nerja e nas granadinas Motril e Almuñécar.[1]

A emisión orixinal tivo lugar na primeira cadea de RTVE entre o 11 de outubro de 1981 e o 14 de febreiro de 1982. O horario de emisión era dende as 16.05 h na tarde do domingo. Consta de 19 episodios de aproximadamente unha hora de duración cada un. Foi unha serie custosa en tempo e diñeiro. Entre escritura do guión, localizacións, rodaxe e montaxe tardou aproximadamente tres anos en estar lista para ser mostrada ao público.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

A serie relata as aventuras de varios amigos, nenos e adolescentes, en vacacións de verán nunha localidade da Costa do Sol. Aínda que nunca se nomea a devandita localidade na serie, trátase de Nerja, en Málaga, así como Motril e Almuñécar, en Granada.

Trátase das aventuras dunha cuadrilla composta por cinco rapaces e dúas rapazas de diferentes idades, entre os oito e os dezasete anos, aproximadamente, e dous adultos próximos: unha pintora e un mariño retirado.

Na súa banda sonora recupéranse cancións como "No nos moverán" de Joan Baez ou "Amor de verano" do Dúo Dinámico que volve adquirir popularidade entre o público máis novo en España.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Principais[editar | editar a fonte]

  • Chanquete (Antonio Ferrandis), vello mariñeiro que vive en 'La Dorada 1ª', un barco de pesca habilitado como casa en terra.
  • Tito (Miguel Joven), en realidade chámase Francisco e é o máis pequeno da cuadrilla. O actor que lle deu vida, Miguel Joven, tiña só 6 anos e medio cando comezou a rodaxe. Compañeiro de Piraña e irmán de Bea.
  • Bea (Pilar Torres), irmá de Tito, é a guapa do grupo, cuxo amor se disputan Javi e Pancho.
  • Javi (Juan José Artero) é o líder da cuadrilla. Orgulloso e independente, choca a miúdo co seu pai, defensor da man dura e dos vellos valores.
  • Pancho García (José Luis Fernández) é o repartidor dunha tenda de alimentación rexentada polos seus tíos, cos cales vive.
  • Piraña (Miguel Ángel Valero) chámase en realidade Manolito, pero chámano deste modo debido á súa voracidade. É enxeñoso e culto, e compañeiro habitual de Tito.
  • Quique (Gerardo Garrido), é o mellor amigo de Javi, situado entre os dous rapaces maiores e os dous pequenos, é un personaxe algo esvaecido.
  • Desi (Cristina Torres), inseparable amiga de Bea e filla de pais separados, o que na época era toda unha novidade: é comentario habitual entre os pais dos demais rapaces.
  • Julia (María Garralón) é unha pintora solitaria de vacacións no pobo. Nun dos capítulos revélase o motivo da súa soidade.

Secundarios[editar | editar a fonte]

Premios e candidaturas[editar | editar a fonte]

Premios TP de Ouro 1981

Categoría Persoa Resultado
Mellor serie nacional Gañadora
Mellor actor Antonio Ferrandis Gañador

Fotogramas de Prata 1981

Categoría Persoa Resultado
Mellor intérprete de televisión Antonio Ferrandis Candidato
  • Festival de Televisión de Praga (1981).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]