Verín Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Verín
NomeVerín Club de Fútbol
Fundación1971
EstadioJosé Arjiz,
Verín, Galicia
Capacidade2.000
PresidenteGalicia José Manuel Zubiela Calderón
AdestradorGalicia Diamantino Braz
Liga1ª Autonómica – Grupo 4
2016–1720º (Preferente – Grupo Sur)
PatrocinadorDenominación de Orixe Monterrei
Na rede
http://www.verincf.es/
Titular
Alternativo

O Verín Club de Fútbol é o equipo de fútbol de referencia da vila ourensá de Verín. Fundado en 1971, na actualidade compite no Grupo 1 da Primeira Autonómica de Galicia, e ten uns 300 socios. Con camisola vermella e pantalón azul coma equipación, o Verín CF disputa os seus partidos coma local no estadio José Arjiz, con capacidade para uns 2000 espectadores.

Escudo[editar | editar a fonte]

No escudo do Verín CF ocupa un lugar predominante a imaxe do castelo de Monterrei, por riba dunha banda azul, que representa o Támega, río que baña a vila de Verín. No interior da banda azul, un balón de fútbol. No ano 2012 o escudo cambiou a un deseño máis moderno e colorido.

Uniforme[editar | editar a fonte]

O Verín CF viste camisola vermella, pantalón azul e medias vermellas. O segunda equipamento consta de camisola azul, pantalón branco e medias azuis.

Estadio[editar | editar a fonte]

O Verín CF xoga os seus partidos coma local no estadio José Arjiz, inaugurado en 1971, con capacidade para 2000 espectadores. O estadio, situado na estrada de Laza, está ao pé do castelo de Monterrei.

Historia[editar | editar a fonte]

Antes da guerra civil española existiu na vila o Racing Club Verín, e despois da contenda bélica Juan Reigada fundou un novo club, o CD Verín, que xogaba no antigo campo do Toral. De alí trasladouse a actividade futbolística ás instalacións da Granxa.

En 1971 botou a andar o actual Verín CF, que a partir de 1976 pasou a ter como campo de xogo o José Arjiz. Nese mesmo ano, 1976, o Verín CF proclamouse 'campión galego de afeccionados tras superar na final o CCDR Perlío, de Fene, logrando o pase ao Campionato de España, onde caeu eliminado (perdendo por 0-1 na casa e por 5-0 fóra), ante o C.D. Ensidesa de Avilés na primeira rolda. En 1981 ascende por primeira vez á terceira división, categoría en que sumou dez campañas. Tras unha involución a principios dos 90 que mergullou o equipo na segunda rexional, entre 1997 e 2007 o Verín CF desfrutou dos seus mellores anos. Na 2003/04 quedou no 4º lugar da terceira división e conseguiu meterse na fase de ascenso á Segunda División B, sendo eliminado na primeira rolda.

Nos anos seguintes o Verín CF cabalgou entre Terceira e Preferente Autonómica, ata consumar o descenso á categoría provincial en xuño de 2013.

Temporadas disputadas nas distintas categorías

  • Terceira División 10.
  • División Preferente Autonómica: 16.
  • División Primera Autonómica: 17.
Tempada Categoría Posto Outras
competicións
1971-72 Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense
1972-73 Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense 2ª eliminatoria da promoción de ascenso a serie A Rexional
1973-74 Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense
1974-75 Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense 1ª eliminatoria na fase de ascenso á Serie A Rexional
1975-76 Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense Campión galego de afeccionados
1ª rolda do Campionato de España de Afeccionados
1976-77 Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense Semifinais do Campionato Galego de Afecionados
1977-78 Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense ? Semifinais do Campionato Galego de Afeccionados
1978-79 Primeira Autonómica
1979-80 Primeira Autonómica ascenso (ascenso por remodelación de divisións superiores)
1980-81 Preferente Autonómica Sur ascenso (ascenso por remodelación de divisións superiores)
1981-82 Terceira División 20º descenso
1982/83 Preferente Autonómica Sur
1983/84 Preferente Autonómica Sur
1984/85 Preferente Autonómica Sur
1985/86 Preferente Autonómica Sur
1986/87 Preferente Autonómica Sur 13º
1987/88 Preferente Autonómica Sur 12º
1988/89 Preferente Autonómica Sur 17º
1989/90 Preferente Autonómica Sur 22º descenso
1990/91 Primeira Autonómica 13º
1991/92 Primeira Autonómica 20º descenso
1992/93 Segunda Autonómica ascenso
1993/94 Primeira Autonómica
1994/95 Primeira Autonómica
1995/96 Primeira Autonómica
1996/97 Primeira Autonómica
1997/98 Primeira Autonómica ascenso
1998/99 Preferente Autonómica Sur 10º
1999-2000

ascenso (ascenso ó quedar praza libre)

2000/01 Terceira División
2001/02 Terceira División
2002/03 Terceira División 10º
2003/04 Terceira División 4º. 1ª rolda da Fase de Ascenso a 2ª división B
2004/05 Terceira División 20º descenso
2005/06 Preferente Autonómica Sur 11º Finalista da Copa Deputación
2006/07 Preferente Autonómica Sur ascenso (ascenso ó quedar praza libre) Campión da Copa Deputación.
2007/08 Terceira División 12º
2008/09 Terceira División 14º
2009/10 Terceira División 19º descenso
2010/11 Preferente Autonómica Sur 4º (play-off de ascenso) Campión da Copa Deputación
2011/12 Preferente Autonómica Sur 12º
2012/13 Preferente Autonómica Sur 18º descenso Semifinais Copa Deputación
2013/14 Primeira Autonómica ascenso Finalista Copa Deputación
2014/15 Preferente Autonómica Sur ascenso
2015/16 Terceira División 20º descenso
2016/17 Preferente Galicia Sur
2017/18
2018/19
2019/20
2020/21
2021/22

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dasairas, X. (1990). 70 anos de fútbol en Verín. Autoedición. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]