Venus de Willendorf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Venus de Willendorf
Venus von Willendorf 01.jpg

Venus de Willendorf é o nome con que se coñece unha estatuíña de 11,1 cm de altura, que representa unha figura feminina, conservada actualmente no Museo de Historia Natural (Naturhistorichen Museum) de Viena.

[editar] Historia

Foi descuberta en 1908 polo arqueólogo Josef Szombathy nun xacemento paleolítico sito perto de Willendorf, unha aldea da Baixa Austria (Wachau), non moi distante da cidade de Krems.

Está entallada nun oolito de calcaria, pedra descoñecido nos arredores da área do xacemento. Mostra restos de tintado en vermello.

Cara 1990, logo dunha revisión da estratigrafía do lugar, estimouse a antigüidade da obra entre 24.000 e 22.000 anos a.C. Coñécese pouco sobre a orixe, método de creación e significado cultural desta estatuíña.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas