Venus casina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Venus casina

Representación de Venus casina
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Heterodonta
Orde: Veneroida
Superfamilia: Veneroidea
Familia: Veneridae
Xénero: Venus
Especie: V. casina
Nome binomial
Venus casina
Linnaeus, 1758 [1]
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Circomphalus casina (Linnaeus, 1758)
  • Dosina casina (Linnaeus, 1758)
  • Pectunculus membranaceus da Costa, 1778
  • Venus casinula Deshayes in Bory de Saint-Vincent, 1833
  • Venus consobrina Deshayes, 1853
  • Venus discina Lamarck, 1818
  • Venus giraudi Gay, 1858
  • Venus joenia Benoit & Granata, 1878
  • Venus lactea Donovan, 1803
  • Venus reflexa Montagu, 1808
  • Venus rusterucii Payraudeau, 1826

Venus casina Linnaeus, 1758 é unha especie de molusco bivalvo heterodonte da orde dos veneroides e familia dos venéridos.

Catacterísticas[editar | editar a fonte]

Ten a cuncha moi grosa e sólida, globosa, equivalva e inequilateral, coas valvas cunha escultura formada por costelas concéntricas, moi semellante á de Venus verrucosa, pero máis aplanada, coas costelas lamelosas e non tuberculadas e a coloración máis ben amarelada ou con manchas de cor parda avermellada, sendo ademais de menor tamaño, pois non alcanza máis dos 40 mm de diámetro máximo.[2]

Distribución[editar | editar a fonte]

Venus casina habita nas costas do Atlántico nororiental, desde as illas Británicas até as do sur de Marrocos (Agadir), incluíndo as illas Azores, e o mar Mediterráneo.[1]

En Galicia é unha especie pouco abundante, encontrándose nas rías do Golfo Ártabro e as de Arousa, Pontevedra e Vigo.[2]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Habita en fondos de areas limpas da rexión infralitoral,[2] e é unha especie que se alimenta por filtración das partículas orgánicas que están en suspensión na auga.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Venus casina Linnaeus, 1758 no WoRMS. (Consultado o 22-11-2013).
  2. 2,0 2,1 2,2 Rolán e Otero (1996), p. 250.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hubler, M. (2010): Compendium of bivalves. A full-color guide to 3,300 of the World’s Marine Bivalves. A status on Bivalvia after 250 years of research. Hackenheim, Germany: ConchBooks. ISBN 978-3-939767-28-2.
  • Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]