Ventas de Zafarraya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVentas de Zafarraya
Imaxe

Localización
Mapa
 36°57′26″N 4°07′14″O / 36.9572, -4.1206Coordenadas: 36°57′26″N 4°07′14″O / 36.9572, -4.1206
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Granada Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude920 m Editar o valor em Wikidata

Ventas de Zafarraya é unha entidade local autónoma (ELA), pertencente ao municipio de Alhama de Granada (provincia de Granada). Linda tamén co municipio granadino de Zafarraya e cos municipios malagueños de Periana e Alcaucín.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros poboadores do Campo de Zafarraya, remóntanse o Paleolítico Medio, cando o home habitaba as covas do Boquete, aínda que o primeiro asentamento do que se ten constancia data da época dos visigodos no século VI a través dos sitios atopados no actual núcleo urbano de Ventas de Zafarraya.

Historicamente esta chaira foi coñecida como a Dehesa de Zafarraya que, ata a Reconquista cristiá foi administrado pola poboación de Zalia. Unha vez que esta poboación foi ocupada polos cristiáns e non repoboada, os municipios de Alhama de Granada e Vélez-Málaga disputáronse durante séculos as terras do Llano pola súa riqueza gandeira adicada exclusivamente ao pastoreo.

O núcleo de Ventas de Zafarraya comeza como unha venda no Boquete, xunto ao Camiño Real Granada-Málaga. Malagueño nas orixes, pasou a formar parte da provincia de Granada en 1833. En 1835, superando a poboación de cen veciños iniciase a segregación do núcleo de Calar del Rey, ao que pertencían. Ao nome acurtouse a palabra Llano para que non fora moi longo, xa que o nome completo era Ventas del Llano de Zafarraya (topónimo de orixe árabe "Manzil Fahs Rayya"), os outros núcleos de poboación nesa data eran El Almendral, Pilas de Algaida e Calar del Rey.

En 1842 constitúese o municipio de Ventas de Zafarraya.

O 25 de decembro de 1884 prodúcese un terremoto afectando gravemente ás provincias de Granada e Málaga. A catástrofe foi de tal magnitude que en Ventas de Zafarraya rexistrouse un total de 74 mortos. A reconstrución do pobo fíxose case na súa totalidade co diñeiro que chegou da entón colonia española de Cuba, motivo polo cal o pobo pasou a chamarse Nueva Habana.

En agosto de 1922 chega o ferrocarril a Ventas. A Compañía de Ferrocarriles Suburbanos de Málaga proxecta unir Málaga con Granada, pasando por Vélez e Alhama, facéndose realidade o proxecto só ata Ventas de Zafarraya. A finais dos anos 50, coa mellora das comunicacións por estrada, a liña perdeu rendibilidade, cesando totalmente os servizos ferroviarios o 12 de maio de 1960.

En 1975 o municipio de Ventas de Zafarraya fusionase co municipio de Alhama de Granada.

Actualmente, a vila experimenta un crecemento de poboación notable grazas a súa estratéxica localización entre o Poniente Granadino e a Axarquía Malagueña e á fertilidade das súa terras, con cultivos de hortalizas fóra de tempada.

En 2002 creouse a Entidad Local Autónoma de Ventas de Zafarraya, no municipio de Alhama de Granada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]