Venerupis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Venerupis
Ameixas
Venerupis decussata
Venerupis decussata
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Heterodonta
Orde: Veneroida
Superfamilia: Veneroidea
Familia: Veneridae
Xénero: Venerupis
Lamarck, 1818 [1]
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Metis H. Adams & A. Adams, 1857
  • Myrsus H. Adams & A. Adams, 1858
  • Polititapes Chiamenti, 1900
  • Pullastra G. B. Sowerby I, 1826
  • Venerupis (Paphirus) Finlay, 1926
  • Venerupis (Ruditapes) Chiamenti, 1900
  • Venerupis (Venerupis) Lamarck, 1818

Venerupis é un xénero de moluscos bivalvos heterodontes da orde dos veneroides e familia dos venéridos, que inclúe numerosas especies de ameixas.

As súas valvas son robustas e de forma romboidal cos umbos situados cerca do extremo anterior. O extremo posterior é en forma de cuña e as marxes internas das valvas son lisas. Hai 3 ou 4 dentes cardinais en cada valva. O pé es grande e os sifóns son de lonxitude media e están unidos excepto na punta.[2]

Especies[editar | editar a fonte]

O World Register of Marine Species (WoRMS) acepta (2013) as seguintes especies como válidas: [1]

Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT), só admite estas catro:[3]

En Galicia[editar | editar a fonte]

Nas naugas galegas téñense citado varias especies do xénero (ás veces con denominacións obsoletas).

Así, Ríos Panisse, no seu Inventario, rexistra cinco especies:[4]

  • Tapes aureus (Gm.), clasificada hoxe como Venerupis aurea (Gmelin, 1791)
  • Tapes decussatus (L.), hoxe Venerupis decussata Linnaeus, 1758
  • Tapes pullastra (Wood), hoxe identificada como Venerupis corrugata (Gmelin, 1791)
  • Tapes rhomboideus (Penn.) (por Tapes rhomboides), que hoxe se denomina Polititapes virgineus (Linnaeus, 1767), e
  • Tapes texturatus (Lamck.), non encontrada na bibliografía actual e que ela recolleu de Cornide.

Rosa Ramonell, na súa Guía dos mariscos de Galicia, recolle catro especies:[5]

Na máis moderna Guía dos moluscos de Galicia, os seus autores, Rolán e Otero, recollen as mesmas catro especies:[6]

Ningún destes autores inclúen como especie galega a Venerupis philippinarum (A. Adams and Reeve, 1850), a coñecida como ameixa xaponesa que, aínda qiue exótica, críase e colléitase abundantemente en Galica desde hace varios anos.

Porén, Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario multilingüe, no que inclúen no só as especies perqueiras galegas, senón moitas outras de interese comercial doutros mares, si a inclúen, así como algunhas outras ameixas:[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Venerupis Lamarck, 1818 no WoRMS. (Consultado o 21-11-2013).
  2. Collins Pocket Guide to the Sea Shore. London: Collins. 1958. p. 158.
  3. Venerupis Lamarck, 1818 no SIIT. (Consultado o 21-11-2013)
  4. Ríos Panisse, M. C. (1977), pp. 145-148.
  5. Ramonell, R. (1985), pp. 122-131.
  6. Rolán e Otero (1996), pp. 254-257.
  7. Lahuerta e Vázque (2000), pp. 286-287.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Venerupis
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Venerupis

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hubler, M. (2010): Compendium of bivalves. A full-color guide to 3,300 of the World’s Marine Bivalves. A status on Bivalvia after 250 years of research. Hackenheim, Germany: ConchBooks. ISBN 978-3-939767-28-2.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-506-3.
  • Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
  • Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]