Venceslau I de Bohemia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Venceslau de Bohemia
Wenceslas square statue daytime.JPG

Estatua ecuestre de Venceslao en Praga
Mártir
Biografía
Nacemento c. 907 en Praga (Bohemia)
Pasamento 28 de setembro de 935 en Stará Boleslav (Bohemia)
Proceso de canonización
Canonización Anterior á Congregación
Veneración
Venerado/a en Igrexa Católica
Igrexa Ortodoxa
Festividade 28 de setembro
Santuario principal Catedral de San Vito, Praga
Atributos Coroa, daga, águia nunha bandeira
Patrón/a de Bohemia, República Checa e Praga

Venceslau I de Bohemia ou San Venceslau I de Bohemia (en checo Václav), nado contra o ano 907 en Praga (Bohemia) e finado o 28 de setembro de 935 en Stará Boleslav (Bohemia), foi o duque de Bohemia dende 921 ata o seu asasinato en 935, presuntamente nun complot ideado polo seu propio irmán, Boleslav o Cruel. Venceslau era fillo de Vratislav I, duque de Bohemia da dinastía dos Přemyslovci.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 921, cando Venceslau contaba con 13 anos de idade, seu pai morreu, sendo el criado pola súa avoa, Santa Ludmila, baixo a influencia cristiá nun territorio aínda pagán no que o cristianismo tiña pouca difusión.

En 924 ou 925 Venceslau asumiu o goberno, apoiando a nova relixión e chamando a misioneiros de Alemaña. A defensa da nova relixión fíxolle loitar contra boa parte da nobreza, contraria ao catolicismo, entre eles súa nai Dramomira e seu irmán Boleslav. Logo de gañar o trono, con apenas 18 anos derrotou ao rebelde duque da Kouřim, chamado Radslav.

Foi el quen fundou a que actualmente é coñecida como Catedral de San Vito, no Castelo de Praga.

En setembro de 935, un grupo de nobres aliados co irmán máis novo de Venceslau,(Boleslaw I de Bohemia, alcumado o Cruel), descontentos con el, conspiraron para matalo. Deste xeito tres deles (Tira, Čsta e Hněvsa), no momento no que facía o camiño cara a igrexa, asasinárono. Foi con ese acto co que Boleslau asumiu o cargo de novo duque de Bohemia e seu irmán maior pasou a ser visto como mártir católico.

O corpo de San Venceslau foi sepultado en Praga, na Igrexa de San Vito.

Os devotos locais comezaron a veneración ao corpo e San Venceslau é hoxe patrón da República Checa, de Eslovaquia e de Bohemia.