Veleno tinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Veleno tinto
Autor/aRamón Carredano Cobas
CubertaAntonio Seijas
OrixeEspaña
Linguagalego
ColecciónFóra de Xogo (nº 111)
Xénero(s)literatura xuvenil, novela
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.abril 2008
Formato13 x 21 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas192
ISBN978-84-9782-723-2
Precedido porFrei Samuel
editar datos en Wikidata ]

Veleno tinto é un libro de Ramón Carredano Cobas publicado en 2008 por Edicións Xerais. É a continuación de Frei Samuel, publicado no ano 2002.

Contexto histórico[editar | editar a fonte]

Inverno de 1319. Berenguel de Landoria, nomeado arcebispo de Santiago de Compostela polo Papa Xoán XXII, convocou un sínodo en Noia con nobres e comerciantes. A el acoden Rui Soga de Lobeira (o nobre anfitrión), Pedro Ordóñez, señor do castelo de Vimianzo, e comerciantes de Noia e Compostela.

Parte da nobreza galega é contraria a que Santiago de Compostela siga baixo xurisdición do arcebispo, sendo partidarios de que pase a ser un reguengo baixo o mando do rei de Castela (nese momento, baixo a rexencia de María de Molina). Entre estes nobres estaba Alonso Suárez de Deza, partidario da imposición dun bispo galego manexable pola nobreza.

Trama[editar | editar a fonte]

Neste contexto histórico, aparece a figura ficticia de Frei Samuel, frade do mosteiro de Toxos Outos. É convidado polo arcebispo, dado que o axudou nunha aventura anterior. De camiño a Noia atópase con Pedro Ordóñez e a súa corte. O nobre chega de Vimianzo acompañado da súa filla Sabela, o seu futuro xenro Gonzalo (un nobre vido a menos, que busca a súa fortuna), Petra (ama de Sabela) e uns soldados. Con todos eles chega ao castelo de Noia.

Falando co nobre, frei Samuel vai coñecendo todo o conflito arredor da elección do arcebispo, e vai sabendo quen está a prol e quen está en contra do seu nomeamento.

Tras unha irada discusión, Pedro Ordóñez retírase á súa habitación para repousar, debido ao seu mal estado de saúde. Pouco despois, un criado do castelo aparece morto, presuntamente envelenado cunha xerra de viño.

Entre o anfitrión, un criado de confianza e frei Samuel comeza a investigación para desenmascarar ao culpable. Nun principio pensan que o obxectivo da xerra era o arcebispo. Así, descobren que na casa de Dacosta, outro nobre de Noia, hai reunións de partidarios de depor o arcebispo, e que alí acode un bufón de Rui Soga, con afán de medrar a outra corte máis poderosa.

Semella que o culpable é un comerciante compostelán, que non ten reparos en afirmar abertamente que lle gustaría ver morto ao arcebispo, pero pola forma do envelenamento (con graxa untada na xerra) e por outras circunstancias, frei Samuel descobre que realmente Gonzalo intentara matar a seu futuro sogro, Pedro Ordóñez.

Narración[editar | editar a fonte]

A narración, dividida en nove capítulos e un epílogo, está feita cun narrador omnisciente. Inclúe moitos elementos de humor.

Frei Samuel é un frade que traballa de copista na biblioteca e como herborista na horta, polo que ten certos coñecementos de Medicina. É áxil física e mentalmente, pensando e actuando dun modo moi vivo. O seu contrapunto é a súa pouca espiritualidade, caendo decote nos pecados da gula e a luxuria.

Inclúe moitos elementos da cultura galega medieval: fala da economía e gastronomía popular e das clases podentes, da vida dos nobres e a súa corte nun castelo, e dos enfrontamentos entre o poder eclesiástico e o poder da nobreza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]