Vechtari de Friúl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vechtari (ou Wectari) (Vicenza, ? - 671?) foi un duque longobardo de Friúl, desde o 663 ao 671.

Orixinario de Vicenza, "home probo, que exercía con dozura o goberno sobre o pobo" segundo Paulo Diácono, foi elevado ao trono de Cividale polo rei Grimoaldo no canto do duque rebelde Lupo, morto en batalla polos ávaros chamados polo mesmo rei. A súa ascensión foi precedida pola tentativa do fillo de Lupo, Arnefrido, de tomar en posesión do dominio paterno grazas ao apoio dos eslavos.

Atacado e morto polos friulanos Arnefrido e cercado Vechtari, os eslavos tentaron novamente ocupar o ducado, aproveitando unha viaxe do duque á capital do reino, Pavía. Os invasores proxectaban cercaren a capital do ducado, Cividale, co forte exército que reuniran e que tiñan acampado preto da cidade (en Broxas, na beira do río Natisone). Vechtari, porén, volvera a Cividale ("por divina disposición", escribe entón Paulo Diácono) a tarde anterior ao ataque. A maior parte do seu séquito xa volvera ás súas residencias, esparexidas por todo o territorio, así o duque resolveu marchar contra os eslavos con só vinte e cinco guerreiros. Os invasores burláronse de tan pequena tropa; pero cando Vechtari se quitou o helmo e se tornou recoñecíbel (grazaa á súa característica calvicie), os eslavos turbáronse, interpretando tamén ele sa súa súbita aparición como un sinal divino. Aterrorizados, déronse á fuga; na confusión que seguiu, Vechtari e os seus homes puideron cargar contra eles, matándoos en gran numero.

Fontes[editar | editar a fonte]