Vea cubital

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A vea cubital é unha vea do membro superior humano, pertencente ao antebrazo. Forma parte do sistema fondo da drenaxe venosa do membro superior. Deriva dos arcos venosos fondos da man e percorre todo o antebrazo, pola parte interna (por enriba do óso cubital), de xeito paralelo á vea radial, sendo de maior tamaño ca esta. Transporta o sangue desosixenado da man e antebrazo cara ao cóbado, onde remata nas veas braquiais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.