Vatio pico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vatio pico ou Watt-pico (Wp) é unha medida de potencia enerxética, normalmente asociada ás células fotovoltaicas. A unidade máis correntemente usada é o Wp, e os seus múltiplos coma o kWp ou o MWp. Dado que as condicións de produción de enerxía eléctrica dependen bastante de factores externos á célula, o valor da potencia dado en Wp é un valor obtido en condicións ideais específicas. Así, o valor de Wp de un determinado sistema fotovoltaico que funcione en corrente continua é a potencia medida cando este sistema é irradiado por unha luz que simula a luz solar cunha potencia de 1000 W/m^2 a unha temperatura de 25 °C.