Vasili Vereshchagin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVasili Vereshchagin

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Василий Васильевич Верещагин Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de outubro de 1842 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Cherepovets (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte31 de marzo de 1904 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Lüshunkou (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte en combate Editar o valor em Wikidata (Morto en combate Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia de Artes da Rússia (pt) Traducir (1860–1863)
Naval Cadet Corps (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e literatura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París
Moscova
San Petersburgo
Siria
República Popular da China
India
Xapón
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , history painter (en) Traducir , militar , escritor , genre painter (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMilitary art (en) Traducir, Arte de paisaxes, pintura de xénero, retrato, pintura mitolóxica e pintura relixiosa Editar o valor em Wikidata
MovementoOrientalismo e Realismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJean-Léon Gérôme Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsAleksandr Vereshchagin (en) Traducir, Nikolay Vereshchagin (en) Traducir e Sergey Vereshchagin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 6c8b8dff-a1e5-421f-bed8-87d413e6fb8c Discogs: 3189806 Editar o valor em Wikidata
Vasili Vereshchagin
Vasili Vereshchagin

Vasili Vasilievich Vereshchagin (en ruso Василий Василиевич Верещагин), naceu o 26 de outubro de 1842 en Cherepowez, na gobernación de Novgorod; morreu o 13 de abril de 1904 en Port Arthur, foi un famoso pintor ruso de temas militares e bélicos. Foi un dos primeiros pintores rusos que colleu sona no exterior. A natureza realística das súas pinturas fixo que, con frecuencia, non fosen reproducidas.

Os anos primeiros[editar | editar a fonte]

Fillo dun grande latifundista, con oito anos de idade foi enviado a Tsarskoe Selo para ingresar no corpo de cadetes, e con once anos entrou na Escola Naval de San Petersburgo, onde se graduou como primeiro da súa promoción, porén deixou a armada para comezar a estudar debuxo. Dous anos despois, en 1863, gañou a medalla da Academia Imperial das Artes de San Petersburgo. No ano seguinte marchou para París, onde estudou con Gerome.

Viaxe a Asia Central[editar | editar a fonte]

En 1867 acompañou a Xeneral K. P. Kauffmann nunha expedición ao Turquestán. O seu comportamento militar no asedio de Samarcanda valeulle a cruz de San Xurxo. Viaxou nos anos seguintes polo Turquestán, en 1869, o Himalaia, a India e o Tíbet en 1873, volvendo de novo á India en 1884.

Logo dun período de duro traballo en París e Múnic, exhibiu algunhas das súas pinturas en San Petersburgo no ano 1874, entre elas dúas que causaron sorpresa pola súas formas de representar os soldados rusos: Apoteose da Guerra, unha pirámide de caveiras dedicada "a todos os conquistadores, pasados, presentes e futuros", e Deixado atrás, a pintura dun soldado sedento abandonado polos seus compañeiros.

Guerra Ruso-Turca e exilio[editar | editar a fonte]

Vereshchagin estivo co exército ruso na campaña turca de 1877. Asistíu á Batalla do Paso Shipka e ao Asedio de Pleven, onde morreu seu irmán. Foi ferido perigosamente durante os preparativos para cruzar o río Danubio, preto de Rustchuk. Á conclusión da guerra foi asignado como secretario do war he acted as secretary to Xeneral Skobelev en San Stefano.

Logo da guerra asentouse en Múnic, onde realizou as súas pinturas de guerra tan rapidamente que foi acusado de usar axudantes. O sensacionalismo dos seus asuntos pictóricos e a súa didáctica apelación en pro da paz, ao representaren os horrores bélicos, atreu a unha boa porción de público, que non se interesaba habitualmente na arte, nunha serie de exposicións das súas obras, primeiro en París en 1881, e a continuación en Londres, Berlín, Dresden, Viena e outras cidades.

Pintou tamén varias escenas de actos do goberno británico na India, como O cortexo estatal do Príncipe de Gales en Jaipur en 1876, cadro reputado como o terceiro maior do mundo.

Unha serie de pinturas súas xerou unha forte controversia. "Disparando os canóns na India británica", que representa execucións de vítimas atadas a canóns, foi criticada co argumento de que tales feitos ocorreran durante a rebelión de 1857, porén Vereshchagin representabaa en 1880, implicando que era algo normal. Ademais defendeuse argüíndo que era a execución máis humana que existía e, que en caso de producirse outra rebelión, os británicos actuarían do mesmo xeito.

Unha viaxe por Siria e Palestina en 1884, forneceulle material para pinturas sobre temas do Novo Testamento. Unha Crucifixión, abriu de novo controversias. A figura de Cristo era dun realismo insólito, e os riscos de Xesús coidouse que eran vulgares en demasía, ademais de que destacaban a súa etnicidade semítica.

En 1892, estando en Moscova, pintou unha serie, 1812, sobre as campañas rusas de Napoleón, para as que parece que se inspirou en Guerra e Paz de León Tolstoi.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Vereshchagin estivo no Afastado Oriente durante a Primeira guerra Sino-Xaponesa, coas tropas invasoras norteamericanas en Filipinas, e co exército ruso en Manchuria. Estivo vinte anos exiliado antes de ser convidado polo almirante Stepan Makarov no seu buque "Petropavlovsk" durante a Guerra Ruso-Xaponesa. O 13 de abril de 1904, o buque chocou con dúas minas saíndo ao Mar Amarelo desde Port Arthur. Tanto o almirante como Vereshchagin pereceron no afundimento do buque. A súa última obra, unha representación do estado maior, presidido polo almirante Makarov, foi recobrado case sen danos.