Variedade diafásica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Variedades diafásicas")

Chámanse variedades diafásicas as diferentes formas de falar que ten unha mesma persoa en función do contexto da comunicación.

Concepto[editar | editar a fonte]

Catro factores básicos

  • o tema (xeral ou especializado),
  • a canle (oral ou escrita),
  • a intención (informar, divertir, convencer, etc.)
  • e o nivel de formalidade (grao de relación entre o emisor e o receptor).

provocan que nas situacións comunicativas se distingan dúas variedades básicas (ainda que pode haber mais) de carácter diafásico: o rexistro formal e o rexistro informal, ou, dito doutro xeito, o código elaborado e o código restrinxido.

A variedade ou rexistro formal utilizase en xeral na escrita e en contextos orais formais. Presenta as seguintes características:

  • Presenta un código elaborado (como sucede no nivel culto).
  • Sintaxe variada e organizada.
  • riqueza e precisión léxica.
  • Adecuación á norma estándar.
  • O tema adoita ser especializado.
  • A intención da comunicación impersoal e obxectiva.
  • O nivel de formalidade alto ou neutro.
  • Procúrase unha lingua expresiva, aínda que non resulte económico.

É de uso minoritario. É o rexistro propio da administración, da ensinanza, dos medios de comunicación de masas,...

A variedade ou rexistro informal representa aqueles actos de fala espontáneos que tratan temas cotiáns, con intención persoal ou subxectiva e cun nivel baixo de formalidade; é a lingua oral coloquial ou familiar. Entre as características lingüisticas deste rexistro podemos sinalar as seguintes:

  • grande riqueza de entoacións, uso de exclamacións e interrogacións retóricas.
  • emprego de elipses e presuposicións, pois o emisor e o receptor dan por suposto parte da mensaxe á que se refiren implicitamente.
  • abundancia de pronomes persoais tónicos.
  • a sintaxe é desordenada: anacolutos, reiteracións, rupturas na mensaxe, etc.
  • o seu léxico é restrinxido, abundan as frases feitas e tics ou comodíns: non sei, eee, cousa, chisme, tío, etc.
  • uso de castelanismos e de dialectalismos.
  • predominan as funcións da linguaxe expresiva e apelativa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]