Vanth (lúa)
![]() |
|
|---|---|
| Concepción artística de Orcus e Vanth. | |
| Descubrimento e clasificación | |
| Descuberto por | Mike Brown e T.-A. Suer |
| Descuberto o | 13-11-2005 |
| Nome no Mpc | (90482) Orcus I Vanth |
| Nomes alternativos | S/2005 (90482) 1, Orcus I |
| Características orbitais[1] | |
| Eixo semi-maior | 8.980 ± 20 km |
| Excentricidade | <0,0036 |
| Período orbital | 9,5393 ± 0,0001 d |
| Inclinación | 73° ou 109° |
| Satélite de | Orcus |
| Características físicas | |
| Radio medio | 140–190 km |
| Período de rotación | Posiblemente sincrónico ? |
| Tipo espectral | moderadamente vermello (no espectro visible)[1] |
| Magnitude aparente | 21,97 ± 0,05[1] |
| Magnitude absoluta | 4,88 ± 0,05[1] |
Vanth, oficialmente (90482) Orcus I Vanth, é o único satélite natural que se lle coñece ó plutino é moi posiblemente planeta anano Orcus. Foi descuberto por Mike Brown e T.-A. Suer usando imaxes tomadas polo Telescopio Espacial Hubble o 13 de novembro do 2005.[2] O seu descubrimento foi confirmado o 22 de febreiro do 2007 na circular 8812 da UAI.[3]
Índice |
Órbita[editar]
A lúa orbita Orcus "nun círculo case perfecto", cunha período orbital de case 10 días.[4] Brown sospeita que coma no caso de Plutón e Caronte, Orcus e Vanth están ancorados gravitacionalmente.[4]
Propiedades[editar]
Vanth foi atopado a só 0,25 arcsec respecto de Orcus, cunha diferencia na magnitude absoluta de 2,7±1,0.[2] As estimacións feitas por Mike Brown no 2009 indican que a magnitude aparente de Vanth é de 21,97 ± 0.05, o cal significa que é 2,54 ± 0,01 magnitudes menos brillante cá Orcus.[1] Isto suxire que ten un diámetro duns 280 km ou o que é o mesmo, que ten un diámetro 3,2 veces máis pequeno có seu primario, asumindo que teñan albedos semellantes.[1] Pensase que a diferencia de cores entre Orcus (neutral) e Vanth (vermello), suxire que está última podería ter un albedo dúas veces menor có de Orcus,[1] polo tanto Vanth podería ter máis de 380 km de diámetro, cun Orcus que estaría nos 860 km de diámetro.[1] A masa de Vanth tamén depende do albedo que posúa, a cal pode variar entre o 3% ó 7,5% da masa total do sistema.[1]
O satélite non semella ser coma outros satélites que teñen a súa orixe nun evento de colisión, xa que o seu espectro é bastante diferente en relación có do seu primario, o cal podería indicar que foi un obxecto do cinto de Kuiper capturado.[4]
Nome[editar]
Unha vez descuberta, Vanth recibiu a designación provisional de S/2005 (90482) 1. O 23 de marzo do ano 2009, Brown pediulles ós lectores da súa columna semanal que suxerisen posibles nomes para a lúa, o mellor deles seríalle enviado á Unión Astronómica Internacional (UAI) o 5 de abril do mesmo ano.[4] O nome de Vanth provén dunha deusa da mitoloxía etrusca que guiaba as almas dos mortos ó inframundo e foi escollido entre unha man chea de suxestións. Vanth foi a única proposta puramente etrusca, foi a suxestión máis popular e foi suxerida en primeira instancia por Sonya Taaffe.[5] Está suxestión foi avaliada e aprobada pola UAI nunha circular emitida 30 de marzo do 2010.[6]
A etrusca Vanth é frecuentemente asociada coa compañía de Caronte, así mesmo tamén o sistema de Orcus (alcumado o "anti-Plutón" por culpa da resonancia que posúe con Neptuno, o que fai Orcus sempre estea mirando cara oposta do Sol, respecto da que está mirando Plutón) e Vanth é comparado co sistema de Plutón. Brown citou tamén a Taaffe cando dicía que Vanth "acompañaba as almas dos mortos dende o momento da súa morte ata a súa viaxe ó inframundo, do mesmo xeito que a súa cara sempre miraba cara Orcus", unha referencia á posible órbita sincrónica de Vanth respecto de Orcus.[5]
Notas[editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Brown, M.E.; Ragozzine, D.; Stansberry, J.; Fraser, W.C. (2010). "The size, density, and formation of the Orcus-Vanth system in the Kuiper belt". The Astronomical Journal 6: 2700–2705. arXiv:0910.4784. Bibcode 2010AJ....139.2700B. DOI:10.1088/0004-6256/139/6/2700.
- ↑ 2,0 2,1 Daniel W. E. Green (22-02-2007). "IAUC 8812: Sats OF 2003 AZ_84, (50000), (55637),, (90482)". International Astronomical Union Circular. http://www.cbat.eps.harvard.edu/iauc/08800/08812.html. Consultado o 04-07-2011.
- ↑ Wm. Robert Johnston (04-03-2007). "(90482) Orcus". Johnston's Archive. http://www.johnstonsarchive.net/astro/astmoons/am-90482.html. Consultado o 26-03-2009.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Michael E. Brown (23-03-2009). "S/1 90482 (2005) precisa da túa axuda". Mike Brown's Planets (blog). http://www.mikebrownsplanets.com/2009/03/s1-90482-2005-needs-your-help.html. Consultado o 25-03-2009.
- ↑ 5,0 5,1 Michael E. Brown (2009-04-06). "Orcus Porcus". Mike Brown's Planets (blog). http://www.mikebrownsplanets.com/2009/04/orcus-porcus.html. Consultado o 2009-04-06.
- ↑ "Minor planet circular". minorplanetcenter.org. http://www.minorplanetcenter.org/iau/ECS/MPCArchive/2010/MPC_20100330.pdf. Consultado o 08-08-2010.
