Vanilla Sky
| Vanilla Sky | |
|---|---|
| Título orixinal | Vanilla Sky |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Cameron Crowe |
| Produtor | Cameron Crowe Tom Cruise Paula Wagner |
| Guión | Cameron Crowe Alejandro Amenábar Mateo Gil |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Tom Cruise Penélope Cruz Kurt Russell Cameron Diaz Jason Lee Noah Taylor Shalom Harlow Ivana Miličević |
| Música | Nancy Wilson |
| Fotografía | John Toll |
| Montaxe | Joe Hutshing Mark Livolsi |
| Estudio | Cruise/Wagner Vinyl Films |
| Distribuidor | Paramount Pictures |
| Ano | 2001 |
| Duración | 136 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama, Intriga |
| Orzamento | $68.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Vanilla Sky é un filme estadounidense dirixido por Cameron Crowe que foi estreado no 2001. Está protagonizado por Tom Cruise, Cameron Diaz e Penélope Cruz.
Índice |
Argumento [editar]
David Aames (Tom Cruise) é un mozo rico e ben parecido que traballa nunha importante empresa de publicidade de Nova York. Mais sinte que lle falta algo na súa vida. Unha noite coñece a Sofía Serrano (Penélope Cruz) e namórase dela ó instante. Cando a súa moza Julie (Cameron Diaz) o sabe, tola polos celos, lanza o seu coche por unha ponte: ela morre e a cara de David queda desfigurada. Varios meses despois ningún cirurxián conseguiu reconstruírlle a faciana, e Sofía non sae máis con el porque o carácter del volveuse insoportable. Porén, Sofía dálle unha oportunidade e volven a saír xuntos. É entón cando os médicos atopan a solución para refacerlle a cara, e Sofía volve a amalo igual que antes. Inesperadamente Sofía desaparece e no seu lugar aparece Julie, que asegura que é Sofía e o proba coa súa documentación. David, perturbado pola situación, non sabe moi ben si perdeu o xuízo ou se é vítima dunha conspiración.
Personaxes [editar]
- Tom Cruise como David Aames
- Penélope Cruz como Sofia Serrano
- Kurt Russell como Dr. Curtis McCabe
- Jason Lee como Brian Shelby
- Cameron Diaz como Julianna "Julie" Gianni
- Noah Taylor como Edmund Ventura/Servizo de mantemento
- Timothy Spall como Thomas Tipp
- Tilda Swinton como Rebecca Dearborn
- Michael Shannon como Aaron
- Ken Leung como Director de Arte
- Shalom Harlow como Colleen
- Oona Hart como Lynette
- Ivana Miličević como Emma
- Johnny Galecki como Peter Brown
- Jhaemi Willens como Jamie Berline
- Alicia Witt como Libby
- Jennifer Aspen como Nina
- Steven Spielberg como Convidado á festa de David Aames
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2001: Nomeada ó Oscar: Mellor canción orixinal.
- 2001: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor canción, actriz secundaria (Cameron Diaz).
- 2001: Nomeada ós Premios Razzie: Peor actriz (Penélope Cruz).
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)