Vanikoro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vanikoro
Map of the Santa Cruz Islands (Solomon Islands).png
Localización da illa
Vanikoro.jpg
Vista da illa
Situación
País Illas Salomón
Provincia Temotu
Arquipélago Illas Santa Cruz
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 11°39′S 166°54′E / 11.650°S 166.900°E / -11.650; 166.900
Xeografía
Superficie 173 km²
Longura máxima 23´4 km.
Largura máxima 13´6 km.
Punto máis alto 923 m. Monte Banie
Demografía
Capital Puma
Poboación 900
Densidade 5´2 hab./km² hab./km²

Vanikoro (tamén coñecida como Vanikolo) é unha illa do Grupo Santa Cruz, que se atopa a 118 quilómetros ao sueste do grupo principal de Santa Cruz. Pertence administrativamente á provincia de Temotu nas Illas Salomón.

O nome Vanikoro utilízase sempre coma se se referise a unha soa illa, tanto pola súa unidade xeofísica e cultural. Pero, tecnicamente trátase dun grupo de varias illas próximas rodeadas por unha soa barreira de coral. Só as dúas illas principais están habitadas: a máis grande Banie, e a máis pequena Teanu (ou Tevai). Outros illotes deshabitados no grupo de Vanikoro son Manieve, Nomianu e Nanunga. A superficie total do grupo Vanikoro é de 173 km².

Poboación e idiomas[editar | editar a fonte]

Os 1.300 habitantes de[1] consta de dúas poboacións diferentes, que tenden a vivir separadas. A maioría melanesia, ao redor de 800 persoas, son os descendentes da poboación orixinal de Vanikoro. Unha minoría de ao redor de 500 persoas son de descendencia polinesia; durante os últimos séculos establecéronse asentamentos na costa sur de Banie, malia que aínda conservan vínculos estreitos con Tikopia, unha illa situada 200 quilómetros cara ao leste, que se identifica como a súa orixe.

As tres linguas faladas pola poboación melanesia de Vanikoro son todas oceánicas do subgrupo Temotu:[2]

Os colonos Tikopios falan unha lingua polinesia, o Tikopio ou fakatikopia.

Historia[editar | editar a fonte]

O explorador Francés Jean-François de La Pérouse quedou varado en Vanikoro logo de que os seus dous barcos, La Boussole e o Astrolabe, bateran cos arrecifes entón descoñecidos da illa en 1788. Informouse de[3] que algúns dos homes foron asasinados polos habitantes da zona, mentres que os mariñeiros superviventes construíron unha nave máis pequena e saíron da illa, pero nunca foron vistos de novo. Os que se quedaron na illa morreron antes de que unha partida de busca chegase en 1826. Jules Verne dedica un capítulo da súa novela Vinte mil leguas baixo dos mares a este evento.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Report on 2009 population & housing census for the Solomon Islands.
  2. Figures updated in 2012 (site of linguist A. François).
  3. See summary article in The Times, May 13, 2005.
  4. Verne, Jules (1992). Twenty Thousand Leagues Under the Sea. Hertfordshire: Wordsworth Classics. pp. 81–85.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vanikoro