Ludolph van Ceulen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Van Ceulen»)
Infotaula de personaLudolph van Ceulen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1540 Editar o valor em Wikidata
Hildesheim Editar o valor em Wikidata
Morte31 de decembro de 1610 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Leiden Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPieterskerk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Leiden Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas, constante matemática, círculo, círculo, número pi e historia da ciencia Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Leiden Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leiden, lecturer (en) Traducir. Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) Traducir (1600–1610)
Universidade de Leiden Editar o valor em Wikidata
AlumnosWillebrord Snel e Frans van Schooten, Sr. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoWillebrord Snel Editar o valor em Wikidata

Ludolph van Ceulen, nado en Hildesheim o 28 de xaneiro de 1540 e finado en Leiden o 31 de decembro de 1610, foi un matemático alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De circulo & adscriptis liber (1619)

Fillo de pais humildes, só terminou unha formación elemental. Emigrou aos Países Baixos por motivos relixiosos, onde foi profesor de esgrima e matemáticas. Ensinou en Delft e Leiden. No ano 1600 foi nomeado profesor de matemáticas e enxeñaría da Universidade de Leiden, onde permaneceu até o seu pasamento.

É coñecido principalmente por calcular o valor de π cunha aproximación de 35 cifras decimais utilizando o método dos perímetros mediante un polígono regular de 262 lados. De feito, este número foi coñecido no continente durante moito tempo como número ludolphino. Pasou gran parte da súa vida neste labor e a súa tumba reflícteo no feito de ter gravadas as 35 cifras: 3,14159265358979323846264338327950288.

Escribiu un tratado Sobre o círculo, onde se dá unha primeira aproximación de pi con 20 cifras decimais. O seu máis reputado estudante foi Willebrord Snel, quen traduciu dúas das obras de Van Ceulen ao latín.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]