Vampiros en La Habana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vampiros en La Habana!
Título orixinal Vampiros en La Habana!
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Juan Padrón
Produtor
Guión Juan Padrón e Ernesto Padrón
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes
Música Rembert Egües
Arturo Sandoval (trompetista)
Fotografía Adalberto Hernández
Montaxe
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor ICAIC/TVE/DURNIOK
Ano 1985
Duración 75 minutos
País Flag of Cuba.svg Cuba
España España
República Democrática Alemá R. Democrática Alemá
Xénero animación
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

¡Vampiros en La Habana! é a segunda longametraxe animada de Juan Padrón (creador de Elpidio Valdés). O filme trata dunha conspiración por parte das dúas bandas organizadas de vampiros ("Capa Nostra" en América e "Vampiro" en Europa) por apoderarse da fórmula creada por Verner Amadeus que lles permite resistir a luz do sol, cada un cos seus propios intereses: o primeiro grupo pretende destruíla, pois a fórmula vai en contra do seu negocio de praias para vampiros; e o segundo, pretende comercializala e facerse ricos monopolizando a súa produción, pese a que a intención orixinal do creador era distribuíla gratuitamente a todos os vampiros do mundo. No medio desta guerra está Joseph Emmanuel ("Pepito" para os amigos), sobriño de Verner e a proba vivente da eficacia da fórmula: leva tomándoa desde pequeno e, como consecuencia, creceu baixo a luz do sol, ignorando que el mesmo é un vampiro.

Trama[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A introdución conta que os vampiros eran un grupo desorganizado ata 1870, cando se formaron dous grupos principais: o primeiro constituído por vampiros inmigrantes que se reúnen en Chicago baixo o nome "Capa Nostra", cuxo presidente é Johnny Terrory; o segundo, en Europa, con sede en Düsseldorf, reúnese baixo o nome "Vampiro", e elixen como presidente ao lexendario Conde Drácula.

Un dos fillos de Drácula, o científico Verner Amadeus, traballa investigando unha fórmula que permita aos vampiros resistir a luz solar, e, despois de algunhas probas en cans vampiros, atopa o que semella ser a solución. O seu pai ofrécese a probala, pero a fórmula non funciona e Drácula morre.

Ridiculizado, Amadeus vese na obriga de marchar, e chega a Cuba co seu sobriño Joseph, onde segue a traballar na súa fórmula. Tras experimentar co seu sobriño, Amadeus consegue, en 1933, unha fórmula que funciona, e decide compartila co grupo Vampiro para que estes a distribúan gratuitamente. Porén, o grupo Capa Nostra ameazaba economicamente ao primeiro, motivo polo que, ao enterarse da existencia da fórmula, Vampiro decide apoderarse dela para comercializala co nome de "Vampisol".

Johnny Terrory, pola súa parte, entérase disto e decide destruír a fórmula para poder seguir mantendo o monopolio de praias para vampiros que controla e viaxa a Cuba con ese fin.

Ao mesmo tempo, en Cuba, Joseph, xunto cos seus amigos, loita contra o ditador Machado e o seu tío, Verner, obrígao a volver a casa; xa que o necesita para a reunión con Vampiro, pois era a proba de que a fórmula funciona.

Cando se estaba a celebrar a reunión irrompen ambos bandos e, no enfrontamento, Verner resulta asasinado polos homes de Terrory. Pepito consegue escapar levando consigo a fórmula, e as dúas bandas de vampiros perséguenos, ademais da policía, que o perseguía tanto pola súa oposición a Machado como por motivos persoais do capitán: a súa esposa éralle infiel con Joseph, entre outros.

Ó final Terrory comproba que unha bala do capitán de policía danou a Pepito e conclúe que, polo tanto, a fórmula fai que os vampiros deixen de pertencer a esta raza (os vampiros, nesta historia, non quedan danados polas balas, a non ser que sexan de prata). Tendo en conta a situación, Terrory prepárase para volver a Chicago, pero Al Capone aparece fronte a el para cobrarlle unha débeda por negocios. Como non pode pagarlle, os homes de Capone crávanlle unha estaca a Terrory mentres que os europeos, en posesión da fórmula, propóñenlle facer negocios con ela. Capone acepta, pero Pepito, que sabe a fórmula de memoria, aproveita a transmisión que se está a facer nese momento para transmitirlla a tódolos vampiros do mundo. Así, invalida calquera intento de negociar con ela. Os europeos, arruinados, laméntanse mentres Capone marcha deixándoos co agora inútil pergamiño da fórmula. Cada un dos membros tivo que atopar unha nova ocupación, a maioría, moi ben remuneradas.

Na última escena, Pepitio está a dar un concerto de trompeta mentres a súa esposa Lola e o seu fillo o miran. O cativo abre a boca e amosa uns cairos picudos. A escena remata cun narrador dicindo que agora todos poden gozar do sol grazas a Pepe.

Os detalles da trama e/ou do argumento rematan aquí.