Vampirélidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vampirélidos
Vampyrella lateritia
Vampyrella lateritia
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Rhizaria
Filo: Cercozoa
Orde: Aconchulinida
Familia: Vampyrellidae
Zopf, 1885

Os vampirélidos (Vampyrellidae) son un grupo de protozoos[1] que posúen pseudópodos filosos e carecen de cunchas. Vampyrella é un xénero típico do grupo, que tamén contén outros xéneros como Platyreta e Arachnula. [2]

Ás veces os vampirélidos denomínanse Aconchulinida, [2] que foi descrito como unha orde.[3]. Noutras clasificacións considérase o grupo Vampyrellida como orde.

Características[editar | editar a fonte]

Cando nadan libremente as células son esféricas dun diámetro duns 30 μm, con pseudópodos filosos dirixidos radialmente pero tamén con outros distintivos curtos e con forma de maza, polo que son parecidos a heliozoos. Ao moverse a célula estírase e adopta unha forma ameboide, cunha distinción nítida entre a periferia clara e os pseudópodos e unha parte interior verdosa. Nesta forma entra no interior das células das algas e aliméntase no seu interior. Os vampirélidos caracterízanse por ter mitocondrias con cristas tubulares. Algúns outros vampirélidos son parasitos de fungos. Como tales, estes vampirélidos poden ser un importante control contra os fungos parasitos do trigo e outros cereais.

A maioría das amebas filosas están incluídas nos grupos dos vampirélidos e nucleáriidos. Aínda que se consideran posibles membros dos Cercozoa, as súas relacións con outros protistas son discutidas e incertas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vampyrellidae". http://www.uniprot.org/taxonomy/325674. Consultado o 2009-03-08.
  2. 2,0 2,1 David Bass, Ema E.-Y. Chao, Sergey Nikolaev, Akinori Yabuki, Ken-ichiro Ishida, Cédric Berney, Ursula Pakzad, Claudia Wylezich & Thomas Cavalier-Smith (2009). "Phylogeny of novel naked filose and reticulose Cercozoa: Granofilosea cl. n. and Proteomyxidea revised". Protist 160 (1): 75–109. DOI:10.1016/j.protis.2008.07.002. PMID 18952499.
  3. James L. Sinclair & William C. Ghiorse (1987). "Distribution of Protozoa in subsurface sediments of a pristine groundwater study site in Oklahoma". Applied and Environmental Microbiology 53 (5): 1157–1163. PMC 203824. PMID 16347342. http://aem.asm.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=16347342.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]