Valeriano Domínguez Bécquer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pintura de Valeriano Bécquer representando a dinastía borbónica co corpo en porrancho. Embaixo da pintura, pódese ler un soneto a cargo do seu irmán Gustavo Adolfo

Valeriano Domínguez Bécquer, nado en Sevilla o 15 de decembro de 1833 e finado en Madrid o 23 de setembro de 1870, foi un pintor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do pintor José Domínguez Bécquer, sobriño do tamén pintor Joaquín Domínguez Bécquer e irmán do poeta Gustavo Adolfo Bécquer. Iniciouse na pintura da man de seu pai, aínda que tamén tivo como mestre a Antonio Cabral Bejarano. Trasladado a Madrid, foi seu irmán quen lle abriu as portas dos ambientes artísticos da capital española.

En 1864 recibiu do Goberno da Nación o encargo dunha serie de pinturas que reflectisen as festas populares, os costumes e os traxes típicos das distintas rexións españolas e que deron lugar a obras como "O baile", "Festa popular do Moncaio (Aragón)" ou "Costumes españois da provincia de Soria". Con todo un cambio do Goberno supuxo para o pintor abandonar o traballo ao ver suspendida a bolsa que tiña concedida para a súa realización.

Traballou como debuxante e ilustrador de importantes publicacións como La Ilustración Española y Americana, El Museo Universal e El Arte en España.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]