Valentin Kataev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kataev

Valentin Kataev, nado en Odesa (Ucraína) o 28 de xaneiro de 1897 e finado o 12 de abril de 1986, foi un escritor soviético.

[editar] Traxectoria

Xa de rapaz publicaba relatos en revistas literarias de Odesa e San Petersburgo, durante a Primeira Guerra Mundial combateu como artilleiro nas frontes de guerra e actúa tamén como correspondente militar, logo da revolución de outubro tamén loitou na guerra civil en Ucraína. Deixou o Exército Vermello en 1920 e estableceuse como xornalista en Odesa, en 1922 marchou para Moscova e pouco despois entrou na redacción de Гудок (Gutok) e empezou a escribir relatos breves en 1916. A súa primeira novela popular foi Rastratchiki (1926; O desfalco), un conto picaresco de dous aventureiros na tradición de Nikolai Gógol. En 1928 represéntase a súa obra teatral, Kvadratura kruga (A cuadratura do círculo). Colaborar de Pravda, volveu ás frontes na Segunda Guerra Mundial como correspondente de guerra.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas