Valença
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 42°1′33″N 8°37′58″W / 42.02583°N 8.63278°W
| Valença | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | Norte |
| Subrexión: | Miño-Lima |
| Distrito: | Viana do Castelo |
| Xeografía | |
| Altitude: | 116 msnm |
| Superficie: | 117,43 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 14.127 hab. (2011) |
| Densidade de poboación: | 121,73 hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | 1000 a 1900 Lisboa |
| Alcalde: | José Rodrigues |
| Sitio na web: | www.cm-valenca.pt |
Valença ou Valença do Minho é unha cidade portuguesa do distrito de Viana do Castelo, dentro da Região Norte e subrexión do Minho-Lima, con máis 14.000 habitantes.
O concello abrangue 117,43 km² de área e 14.295 habitantes (2009), subdividido en dezaseis freguesias. Linda polo leste co municipio de Monção, polo sur con Paredes de Coura, polo oeste con Vila Nova de Cerveira e ao noroeste e norte únese a Tui a través do río Miño.
Índice |
Historia [editar]
Recibiu foro de Sancho II de Portugal, sendo entón designada como Contrasta. Mudou para o actual nome en 1262.
Demografía [editar]
A evolución demográfica entre 1801 a 2011:[1]

| Evolución demográfica | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1801 | 1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2004 | 2009 |
| 9.242 | 13.984 | 15.265 | 16.034 | 16.237 | 13.948 | 14.815 | 14.187 | 14.284 | 14.295 |
Freguesías [editar]
As freguesías de Valença son:
- Arão
- Boivão
- Cerdal
- Cristelo Covo
- Fontoura
- Friestas
- Gandra
- Ganfei
- Gondomil
- Sanfins
- São Julião
- São Pedro da Torre
- Silva
- Taião
- Valença
- Verdoejo
Lugares de interese [editar]
- Castelo de Valença, en realidade dúas fortalezas dos séculos XVII e XVIII, diseñados polo arquitecto francés Vauban. Desde as súas murallas hai unhas magníficas vistas a Galicia.
- Igrexa románica de Santa María dos Anxos.
- Convento de Ganfei, a 5 km ao leste de Valença, reconstruído no século XI por un sacerdote normando.