Val do Silencio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do Val do Silencio.

O val do Silencio é un val situado aos pés do pico Aquiana, nos montes Aquilanos, na bisbarra do Bierzo (León, Castela e León, España).

Situación[editar | editar a fonte]

Situado ao sueste da bisbarra do Bierzo, forma parte da conca do río Oza, coñecida como Val do Oza ou, popularmente, como Valdueza, a través dun dos seus afluentes, un regueiro que o percorre. Encóntrase na cara norte dos montes Aquilanos, aos pés dos seus máis altos picos. En fronte a el encóntrase a aldea de Peñalba de Santiago, coa súa igrexa, xoia da arquitectura mozárabe (BIC en 1931).

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

O terreo é silúrico na súa maior parte e a composición das rochas calcario-marmóreas.

Descrición e historia[editar | editar a fonte]

Entrada á Cova de San Xenadio.

É frecuente confundir e estender a denominación de Val do Silencio a todo o Val do Oza e, mesmo, ao conxunto de vales que forman as proximidades de Santiago de Peñalba, incluíndo ao contiguo, polo oriente, Val de Frigueira, os regueiros que os percorren carecen de nome aínda que, como no caso do Val do Silencio, algúns autores estendesen o nome do Val de Frigueira ao regueiro.[Cómpre referencia]

Forma parte da coñecida como Tebaida berciana.

No século X San Xenadio fundou un oratorio dedicado a Santo Tomé do que a día de hoxe non queda resto ningún (hai constancia de que no século XVII existían restos). En principio, neste lugar e non en Santiago de Peñalba, onde se encontraba un mosteiro fundado ao redor de 910-916 por San Xenadio, é onde o seu discípulo, San Fortís, pensaba construír a igrexa mozárabe pero rematou construíndose na súa situación actual polo abade Salomón, probablemente debido á morte de San Fortís en 930, e descansando os restos de San Xenadio no seu interior, aos seus pés.

Nunha parede da montaña, situada á entrada do val, no seu lado oeste, encóntranse varias covas naturais. Unha delas é a coñecida como Cova de San Xenadio na que o santo pasaba longas tempadas meditando. Pode visitarse seguindo un camiño que sae dende Santiago de Peñalba cara ao sur.

Lendas[editar | editar a fonte]

Dise que o nome do val provén da seguinte lenda:[Cómpre referencia]

Certo día San Xenadio estaba a meditar na súa cova, pero o murmurio do río non lle permitía concentrase, así que, golpeando co seu caxato, dixo: "cala" e o río deixou de facer ruído. Desta lenda existen varias versións.

Os paisanos e moitos visitantes acostumaban a depositar saquiños cheos de terra, sacada da súa tumba e despois dábanllo a persoas afectadas de enfermidades da pel para que o levasen colgando ao colo, pois pensaban que actuaba de remedio contra tales enfermidades. É probable que a terra sacada fose renovada coa proveniente dunha estanza anexa e máis profunda da cova.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]