Val d'Orcia
O Val d'Orcia ou Valdorcia é un amplo val situado na provincia de Siena, na Toscana, na parte da rexión que limita coa Umbría. Situado na Italia central, esténdese desde os montes ao sur de Siena até o monte Amiata.
Polo medio do val transcorre o río Orcia. A árbore característica é o ciprés. Na gastronomía son particulares os picis e o queixo Pecorino di Pienza, e entre os viños atópase o Brunello di Montalcino e o Vino Nobile di Montepulciano.
Índice |
Xeografía [editar]
Caracterízase por ter outeiros suaves, terras cultivadas, ocasionalmente rotas por barrancos e poboacións como Pienza (reconstruída como unha «cidade ideal» no século XV baixo o mecenado do papa Pío II, Radicofani (casa do famoso heroe-bandido Ghino di Tacco) ou Montalcino.
Os concellos que forman parte do val son: Castiglione d'Orcia, Montalcino, Pienza, Radicofani e San Quirico d'Orcia. Outros centros importantes son Monticchiello, Bagno Vignoni, Montenero d'Orcia e Montegiovi.
Patrimonio da Humanidade [editar]
|
||
|
|
||
Paisaxe típica do Val d'Orcia, cerca de Pienza |
||
| Inscrición: | 2004 | |
| País: | Italia | |
| Localización: | 43°04′N 11°33′E / 43.067°N 11.55°E | |
| Rexión: | Non dispoñible | |
| Tipo: | Non dispoñible | |
| Criterios: | iv, vi | |
| Descrición UNESCO: | fr en | |
O val é tamén un importante parque natural, artístico e cultural, e desde o 2 de xullo de 2004 está recoñecido como Patrimonio da Humanidade pola Unesco, por estes criterios:
- Criterio (iv): O val d'Orcia é un reflexo excepcional da maneira na que a paisaxe foi re-escrita nos tempos renacentistas para reflectir os ideais do bo goberno e para crear unhas imaxes esteticamente atractivas.
- Criterio (vi): A paisaxe do val d'Orcia foi celebrada polos pintores da escola sienesa, que floreceron durante o Renacemento. Imaxes do val d'Orcia, e particularmente representacións de paisaxes nos que as persoas están representadas vivindo en harmonía coa natureza, convertéronse en iconas do renacemento e influíron profundamente no desenvolvemento do pensamento paisaxístico.