Vaipolorío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vaipolorío
Tipoorganización
Data de fundación2001
SedePontevedra
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Vaipolorío é un colectivo que nace en Pontevedra en novembro de 2001 ante a necesidade de recuperar o río dos Gafos, cunha gran deterioración medioambiental. Naceu con 35 socios fundadores, sen cota algunha. Na actualidade (2010), considera que calquera persoa que colabore nas súas actividades, forma parte do colectivo.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Recolle a testemuña doutras asociacións que comezaran esa tarefa, como a Asociación Cultural Chan do Vilar de Figueirido, a Asociación de Veciños San Andrés de Figueirido, a Asociación Cultural O Toxal de Bértola, a Asociación Cultural San Cibrán de Tomeza, a Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta de Salcedo e a Asociación de Veciños Río Gafos de Pontevedra.

O seu ámbito territorial de actuación son os concellos de Vilaboa e Pontevedra. O seu domicilio social está no edificio de Preescolar de Cabanas, en Salcedo.

As súas fins son: "a promoción, o coidado, a defensa, a limpeza e o manteñemento do río dos Gafos, así como todas aquelas actividades e accións que vaian en beneficio do dito río e do seu entorno, en todo o seu percorrido, dende o seu nacemento en Figueirido (Vilaboa) ata a súa desembocadura na ría de Pontevedra."

As actividades realizadas son a limpeza periódica do río e das súas marxes, a creación de rutas e obradoiros medio ambientais, a catalogación de flora e fauna, ou a recuperación da toponimia.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Cidade de Pontevedra 2001, outorgado polo Concello de Pontevedra, no apartado de institucións, pola defensa do medio natural.
  • Premio Amigos de Pontevedra 2004, outorgado pola Asociación Amigos de Pontevedra, no apartado de institucións polo traballo de recuperación do río dos Gafos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]