V-Jump

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

V-Jump (V-ジャンプ, ブイジャンプ, Bui Janpu) é unha revista xaponesa, publicada pola Shueisha Inc, sobre as novas novelas gráficas e videoxogos baseados en manga popular. A revista posúe o manga Yu-Gi-Oh! R e o 17 de decembro do 2005, engadiuse o manga Yu-Gi-Oh! GX. Tamén ten críticas de xogos populares coma a da serie Kingdom Hearts. Ademais, a V-Jump ten algunhas cartas promocionais de Yu-Gi-Oh. Esta revista tamén contén guías curtas e información de diversos xogos. Así, a V-Jump é unha das revistas de videoxogos máis populares do Xapón.

O sitio web xaponés da V-Jump permite que os lectores pidan xogos e novelas gráficas en liña.