Vítor I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vítor I, Papa»)
Infotaula de personaVítor I, papa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Victor I Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
África Proconsular (provincia romana), Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 199 Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
14º Papa
189 – 199
← EleuterioCeferino → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Relixióncatolicismo
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónclérigo Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa28 de xullo Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Africa-40

Vítor I, chamado logo san Vítor, nado talvez en África e morto posiblemente en Roma en 199, foi bispo cristián desa diocese entre os anos 189 e 199.

Vida e pontificado[editar | editar a fonte]

Malia non se coñeceren demasiados detalles da vida persoal de Vítor I, e en especial do seu tempo anterior ao pontificado, pasou á historia por pechar a controversia de Pascua, que opuña os critiáns occidentais e orientais en relación ao día en que había de celebrarse esta festividade. Mentres os últimos papas romanos viñeran propoñendo a fixación en domingo, os orientais crían que debía coincidir coa pascua xudía, no día exacto da lúa chea. Vítor I convocou todos os bispos italianos ao primeiro sínodo de que se garda memoria, e ameazou coa excomuñón aos bispos orientais que non respectasen a Pascua de domingo[1]. Esta severidade foi criticada por numerosos bispos, entre eles Ireneo de Lión, pero a determinación de Vítor I tivo os seus froitos.

Durante o seu papado tamén tivo que facer fronte á pequena seita de Teodoto, un curtidor cristián, excomungado por Vítor I, que sostiña que Xesucristo era unicamente un superdotado.

Coincidiu Vítor I con boa parte do imperio de Cómodo, que detivo a persecución contra os cristiáns, co que a relixión medrou rapidamente en Roma. Sinalan algunhas fontes que unha amante do emperador, Marcia, que puido incluso ser cristiá, conseguiu logo da petición de Vítor I, que fosen liberados uns presos cristiáns condenados a traballar nas minas de Sardeña[2].

Tamén foi Vítor I o responsábel de celebrar a misa por primeira vez en latín, conforme sinala Xerome de Estridón en De viris Illustribus.

Obra[editar | editar a fonte]

Escribiu algúns curtos ensaios sobre a Pascua e outras materias, coa particularidade de que foi o primeiro en facelo en latín, abandonando o grego que ata ese momento fora a tradición dos papas.

Morte e santidade[editar | editar a fonte]

Como todos os papas anteriores ao edicto de Milán, foi considerado santo. Tamén se ten sinalado que foi mártir, se ben isto non está demostrado. A súa festa é o 28 de xullo.

Parroquias en Galicia[editar | editar a fonte]

Existen dúas parroquias en Galicia baixo a avogación de San Vítor, as dúas en Valdeorras: Portomourisco e Cernego. Porén, non se pode dicir que se deban a este papa, a Vítor de Marsella ou a algunha figura menor do santoral. As festas de San Vítor en Portomourisco son o 27 de agosto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Donald Attwater. 'A Dictionary of the Popes. The Catholic Book Club. Londres, 1939, páx. 11
  2. Donald Attwater. 'A Dictionary of the Popes. The Catholic Book Club. Londres, 1939, páx. 12