Víctor Fraiz Villanueva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVíctor Fraiz Villanueva

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1887 Editar o valor em Wikidata
A Bandeira, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de setembro de 1937 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , mestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePlaceres Castellanos Editar o valor em Wikidata
FillosVíctor Fraiz Castellanos Editar o valor em Wikidata

Víctor Manuel Fraiz Villanueva, nado na Bandeira (Silleda) o 26 de marzo de 1887 e finado en Vigo o 14 de setembro de 1937, foi un mestre e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Víctor Fraiz cos exploradores de Ponte Caldelas, retrato en Vida Gallega, 1935.

Fillo do mestre Salustiano Fraiz Andón e de Manuela Villanueva Mosquera e sobriño do tamén mestre Vicente Fraiz Andón. Pasou unha larga tempada en Cuba co seu tío, e ao regreso a Galicia estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Exerceu como mestre nas escolas de Ponte Caldelas, onde fundou e dirixiu o periódico El Heraldo de Puente-Caldelas e organizou os exploradores, Vilaza (Gondomar) e Coia.

Membro do PCE, foi secretario fundador de FETE-UGT. Dirixiu a revista Nueva Galicia de Vigo (1927) e colaborou en publicacións como Escuela Vivida, Escuela del Trabajo de Ourense e El Pueblo Gallego. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo que fuxir ao monte, e pasou a Portugal. En represalia detiveron o seu fillo Víctor, e internárono no campo de concentración de San Simón, pero foi finalmente asasinado en novembro de 1936. Os seus fillos Vicente e Ramón tamén foron detidos. Victor Fraiz decidiu entregarse a cambio de que os liberaran e dun xuízo xusto. Pero foi encarcerado e xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado no monte do Castro o 14 de setembro de 1937.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Manual del turista. Guía de Vigo, 1926.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Placeres Castellanos Pan, coa que tivo sete fillos: Milagros, Salustiano, Consuelo, Víctor, Vicente, Ramón e Manuel.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O acceso ao CEIP da Bandeira pasou a chamarse Rúa Víctor Fraiz Villanueva no 2009.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]