Víctor Muñoz Baijón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVíctor Muñoz Baijón
Biografía
NacementoMadrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaOttilia Ulbricht Editar o valor em Wikidata

Víctor Muñoz Baijón, nado en Madrid e finado na mesma cidade o 6 de novembro de 1936, foi un farmacéutico e político de Santiago de Compostela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coa súa parella a alemá Ottilia Ulbricht, chegaron a Galicia ao comezo da ditadura de Primo de Rivera. Instaláronse en Santiago de Compostela cunha academia de idiomas. Cando concluíu os estudos, Víctor Muñoz fíxose cargo da farmacia da rúa Casas Reais.

Na década de 1930 fundou a sección da Falanxe Española en Santiago de Compostela con outros camaradas como Fermín Zelada de Andrés Moreno.[1][2] Firme partidario de José Antonio Primo de Rivera, recibiuno na súa farmacia das Casas Reais o 16 de marzo de 1935. Alí Primo de Rivera improvisou un mitin ante un centenar de camaradas.[3]

Pilar Primo de Rivera visitou Santiago o 5 de febreiro de 1936 para apoiar os nomeamentos de María Laura Colmeiro Laforet como secretaria da Sección Femenina e de Otilia Ulbricht como tesoureira. Días despois do triunfo da Fronte Popular, varios asaltantes intentaron prender lume á farmacia, e Otilia púxoos en fuga pistola en man.[3]

Pavillón da Exposición Rexional de 1909, onde estivo o Hogar Víctor Muñoz.

O 6 de novembro de 1936 Muñoz foi encarcerado e asasinado en Madrid, e o mando provincial da Falanxe foi confiado a Carlos Colmeiro Laforet.[3]

Ao rematar a guerra, cando lle ían facer unha homenaxe, presentouse en Santiago de Compostela a súa muller, descubríndose que Ottilia só fora a súa amante. Até o final do franquismo, o "Hogar del Frente de Juventudes" de Santiago, sito na Alameda desta cidade, levou o nome de Víctor Muñoz.

A súa amante, Ottilia Ulbricht, foi profesora de alemán na Universidade de Santiago de Compostela,[4] no Instituto Arcebispo Xelmírez e no seu propio domicilio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sanz Hoya, Julián (2008): "Camarada gobernador. Falange y los gobiernos civiles durante el primer franquismo", en Nicolás, María Encarna e González, Carmen, (eds.), Ayeres en discusión. Temas clave de Historia Contemporánea. Murcia: Universidade de Murcia.
  2. Clret Miranda, Jaume (2006): El atroz desmoche. La destrucción de la Universidad española por el franquismo, 1936-1945. Barcelona: Crítica.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Misterios al descubierto, masones en Santiago" Arquivado 03 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 04/08/2006.
  4. Bonet Correa, Antonio (2013): Discurso Doctorado Honoris Causa. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "El farmacéutico Víctor Muñoz y la alemana Ottilia Ulbricht introdujeron el fascismo en Compostela" in La Voz de Galicia, 26-1-1988, p. 64, 47.