Vía do mevalonato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vía do ácido mevalónico»)
Vía do mevalonato detallada.

A vía do mevalonato ou vía da HMG-CoA redutase ou ruta mevalonato dependente ou vía isoprenoide, é unha importante vía metabólica celular presente en todos os eucariotas superiores e moitas bacterias. É importante para a produción de dimetilalil pirofosfato (DMAPP) e isopentenil pirofosfato (IPP), que serven como base para a biosíntese de moléculas utilizadas en procesos tan diversos como a síntese de terpenoides, prenilación de proteínas, mantemento das membranas celulares, síntese de hormonas, ancoramento de proteínas a lípidos, e N-glicosilación. Tamén é unha parte da biosíntese de esteroides.

Regulación e retroalimentación[editar | editar a fonte]

Varios encimas chave poden ser activados por medio da regulación transcricional do ADN pola activación das SREBP (proteínas 1 e 2 de unión ao elemento regulatorio). Este sensor intracelular detecta os niveis baixos de colesterol e estimula a produción endóxena pola vía da HMG-CoA redutase (ou do mevalonato), e incrementando a captación de lipoproteína ao aumentar a formación do receptor de LDL. A regulación desta vía tamén se consegue controlando o grao de tradución do ARNm, degradación da redutase e fosforilación.

Farmacoloxía[editar | editar a fonte]

Varios fármacos teñen como obxectivo a vía do mevalonato:

  • Estatinas (usadas para facer decrecer os niveis de colesterol);
  • Bisfosfonatos (usados para tratar varias doenzas dexenerativas dos ósos).

Vía alternativa[editar | editar a fonte]

As plantas e protozoos apicomplexos como os produtores da malaria teñen a capacidade de producir os seus isoprenoides (terpenoides) utilizando unha vía alternativa adicional chamada vía non do mevalonato, vía alternativa á do mevalonato ou vía do metileritritol fosfato (MEP), que ten lugar nos plastos. Ademais, a maioría das bacterias incluíndo importantes patóxenos, como Mycobacterium tuberculosis, sintetízan IPP e DMAPP pola esta vía alternativa á do mevalonato.

Reaccións[editar | editar a fonte]

Reacción Diagrama Encima
O acetil-CoA (ciclo do ácido cítrico) sofre condensación con outra molécula de acetil-CoA catalizada pola acetil-CoA transferase, orixinando acetoacetil-CoA
tiolase
O acetil-CoA condensa con acetoacetil-CoA formando 3-hidroxi-3-metilglutaril-CoA (HMG-CoA).
HMG-CoA sintase
O HMG-CoA é reducido a mevalonato polo NADPH. Esta reacción ten lugar no citosol. É o paso limitante da síntese de colesterol, e esta é a razón pola que o encima que cataliza esta reacción é o obxectivo das estatinas.
HMG-CoA redutase
O mevalonato transfórmase en 5-fosfomevalonato.
mevalonato quinase
O 5-fosfomevalonato convértese en 5-pirofosfomevalonato.
fosfomevalonato quinase
O mevalonato-5-pirofosfato dá lugar a 3-isopentenil pirofosfato (IPP).

mevalonato-5-pirofosfato descarboxilase
O 3-isopentenil pirofosfato é isomerizado a dimetilalil pirofosfato.
isopentenil pirofosfato isomerase

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Berg JM, Tymoczko JL, Stryer L. Biochemistry. Quinta ed. Nova York: W.H. Freeman. xxxviii, 974, [976] (varias páxinas). ISBN 0-7167-4684-0.
  2. Swanson KM, Hohl RJ. Anti-cancer therapy: targeting the mevalonate pathway. Curr Cancer Drug Targets 2006;6:15-37. PMID 16475974.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]