Véneto - Veneto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Véneto (en italiano Veneto, en véneto Vèneto) é unha rexión de Italia situada na parte nororiental da península itálica, que conta con case cinco millóns de habitantes, e ten como capital a cidade de Venecia. Ten limites ao leste co Friuli-Venecia Giulia, a norte coa Austria (Tirol e Carintia), a noroeste co Trentino-Alto Adige, a oeste coa rexión da Lombardía, ao sur coa Emilia-Romaña e a leste co Mar Adriático (Golfo de Venecia).
Grazas ao seu patrimonio paisaxístico, histórico, artístico e arquitectónico, a rexión do Véneto é, con máis de 60 millóns de turistas ao ano a rexión máis visitada de Italia, así como unha das principais de Europa e do mundo, debido principalmente á atracción de cidades de grande importancia artística e histórica como é o caso de Venecia, Verona, Padova ou Vicenza.
Índice |
[editar] Xeografía
Cunha superficie de 18.390 km², o Véneto constitúe a oitava rexión italiana por superficie. O punto máis septentrional é Cima Vanscuro (na fronteira con Austria e o punto máis meridional é Punta di Bacucco (foz do Po di Ariano).O seu territorio é morfoloxicamente moi variado, cunha prevalenza da chaira (56,4%), aínda que tamén ten extensas zonas montañosas (29,1%) e, en menor medida, outeiros (14,5%). A montaña véneta comprende o 70% da totalidade dos Dolomitas na prvincia de Belluno: esta área, de particular beleza e de alto valor turístico, inclúe o Cadore, o Comelico, o Ampezzano e o Agordino. Entre as montañas máis elevadas encóntranse a [Marmolada]], célebre por ser paso habitual no Giro de Italia, as [Tres cimas de Lavaredo, o Pelmo, Tofane e o Civetta. O treito de outeiros é moi variado e inclúe os prealpes vénetos, dende Cansiglio no leste até os montes Lessini no oeste, pasando polo macizo do Grappa e o altoplano de Asiago. Na chaira véneta están presentes os maiores relevos da chaira padana (territorio no que está integrada): os Montes Euganeos, que se erguen, totalmente aillados na chaira, ao suroeste de Pádua, seguidos, a pouca distancia, dos Montes Berici, ao sur de Vicenza. Outras montañas e montes se erguen ao longo da chaira formando un arquipélago de montañas na chaira padana. A chaira véneta está atravesada por algúns dos ríos italianos máis importantes, de su a norte, o Po, o Adige, o Brenta, o Piave, o Livenza e o Tagliamento, así como dunha serie de canais artificiais. Achegándose ao mar a chaira confóndese con algunhas das zonas húmidas máis interesantes e extensas de Italia: o Delta do Po, que constitúe un parque rexional, e a Lagoa Véneta, que limita ao sur pola foz do Brenta e ao norte polo río Sile. Máis ao norte encóntrasea lagoa de Caorle, hoxe aillada da Lagoa de Venecia, pero antigamente integrada no mesmo sistema de lagoas que se extendía de Ravenna a Grado. Ao oeste, a cabalo entre o Véneto, Lombardía e Trentino, encóntrase o Lago de Garda, o máis extendo lago italiano.
[editar] Historia
A historia do Véneto é en grande parte común á da ampla rexión coñecida como Triveneto ou Tres Venecias, no noreste da península itálica, situada entre os límites do mar Adriático e toda a cadea montañosa dos Alpes Orientais, que comprende as rexións do Trentino-Tirol do Sur, Véneto e Friuli-Venezia Giulia.
[editar] Linguas no Véneto
No Véneto fálanse catro linguas diferentes ao italiano. Ademáis do véneto e do italiano, presentes en todo o territorio rexional, coexisten varias áreas lingüísticas, particularmente o ladino nalgúns concellos da provincia de Belluno, friulano no Mandamento de Portogruaro e o [Cimbre]] no altoplano de Asiago, na Lessina veronesa e no concello de Sappada. Sinalar, que tamén son venetófonas algunhas áreas nas rexións limítrofes de Friuli-Venezia Giulia (parte de provincia de Pordenone, toda a zona costeira desde Lingnano Sabbiadoro até Muggia, no Trentino meridional e en parte da provincia de Mantova. A proposta lexislativa que recoñece o véneto como lingua oficial na rexión foi aprobada polo Consello Rexional Véneto cunha grande maioría e ningún voto contrario o 28 de marzo de 2007.
[editar] Administración
Esta rexión está composta das seguintes provincias:
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligacións externas
| Rexións de Italia | ||
|
Abruzzo | Basilicata | Calabria | Campania | Emilia-Romagna | Friuli-Venecia Giulia | Lacio | Liguria | Lombardía | Marche | Molise | Piemonte | Puglia | Sardeña | Sicilia | Toscana | Trentino-Alto Ádige | Umbria | Valle d'Aosta | Véneto |
||


