Uz das vasoiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uz das vasoiras
Erica scoparia.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Subfamilia: Ericoideae
Tribo: Ericeae
Xénero: 'Erica'
Especie: ''E. scoparia''
Nome binomial
''Erica scoparia''
L.

A uz das vasoiras[1] (Erica scoparia) é un tipo de uz ( familia das ericáceas) orixinario de Europa central e occidental. Aparece nos montes galegos máis temperados.

Ilustración da uz

Descrición[editar | editar a fonte]

É un arbusto medio cuxa altura varía entre 1 e 3 m, con follas miúdas de cor verdosa clara de forma lineal. As flores son miúdas, verdosas amarelentas, máis ou menos espalladas polas pólas superiores, florea a comezos da primavera. Soe coincidir no mesmo hábitat que a uz branca (Erica arborea), diferenciándose porque as flores dest última son abrancazadas e agrupadas na parte superior das pólas, ademais en os talos novos cubertos de vilosidade, mentres que a uz das vasoiras tenas glabras. O froitoé unha cápsula miúda.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Matogueiras e clareiros de formacións boscosas con influencia mediterránea (Quercus coccifera, Quercus faginea) e solos areentos e non excesivamente acedos do piso supramediterráneo, máis raramente mesomediterráneo e colino, con ombrotipo de seco superior a húmido. Tamén en matogueiras, uceiras e bosques en terreos soltos e frescos, silíceos, en areais subcosteiros. Distribúese por Europa occidental, especialmente na Península Ibérica e illas Baleares.

Usos[editar | editar a fonte]

O ramallo serve de alimento para o gado. Tamén se emprega a madeira para leña e para a fabricación de vasoiras.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Crese que o nome xenérico Erica deriva do grego ἐρείκειν ereikein: quebrar, en alusión ás súas ramas fráxiles. O nome común: uz, urce, dá nome en galego a distintas especies do xénero Erica. Procede do latín ūlǐce (nome da planta nesa lingua). A designación vulgar da especie: “das vasoiras” (o mesmo que a designación específica culta scoparius), fai referencia ao uso tradicional que se lle daba á planta (igual que as xesta e xibardas) para a fabricación de vasoiras.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Erica scoparia foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species plantarum 353 1753.[2]

Sinonimia
  • Erica cinerea var. coccinea Bean [= Erica cinerea var. fulgida]
  • [1]
  • Chlorocodon scoparium (L.) Fourr.
  • Erica absinthioides Spreng.
  • Erica fucata Thunb.
  • Erica platycodon (Webb & Berthel.) Rivas Mart. & al.
  • Erica scoparia var. platycodon Webb & Berthel.
  • Erica scoparia subsp. platycodon (Webb & Berthel.) A.Hansen & G.Kunkel
  • Erica virgulata J.C.Wendl.
  • Ericoides fucatum (Thunb.) Kuntze
  • Ericoides scoparium (L.) Kuntze[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, deptación de Lugo
  2. "Uz das vasoiras". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. http://www.tropicos.org/Name/12300024. Consultado o 5 de xullo de 2012.
  3. Uz das vasoiras en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uz das vasoiras
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Uz das vasoiras

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]