Utupua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Utupua
Utupua vista satélite
Localización da illa
Situación
PaísIllas Salomón
ProvinciaTemotu
ArquipélagoIllas Santa Cruz
MarOcéano Pacífico
Coordenadas11°20′S 166°30′L / -11.333, -166.500
Xeografía
Superficie69 km²
Longura máxima14 km.
Largura máxima10 km.
Punto máis alto378 m. Monte Royal (Monte Rautahnimba)
Demografía
CapitalNembao
Poboación1.169 (2009)
Densidade16´93 hab./km² hab./km²

Utupua é unha illa das Illas Santa Cruz, situada 66 km ao sueste do grupo principal das Illas, entre Vanikolo e Santa Cruz. Pertence administrativamente á provincia de Temotu, nas Illas Salomón.

Utupua é unha illa elevada rodeada dun arrecife de coral. Ten unha área de 69 km² e o seu punto máis alto é de 380 m.

Utupua posuía unha poboación de 848 habitantes en 1999, esparexida en pequenas poboacións. As principais poboacións da illa son Avita, Malombo, Tanimbili, Apakho e Nembao.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]