Usuario:Elisardojm/Inscrición 8 aniversario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta páxina é para inscribirse no concurso do 8º aniversario da Galipedia.

Algunhas das camisetas son deste estilo, outras teñen outra cor e deseños diferentes.

Os usuarios inscritos que fagan máis artigos conseguirán unha camiseta da Wikipedia, mentres queden existencias.

As normas básicas son as seguintes:

Só poderán participar usuarios rexistrados.
Só participan no concurso os que se apunten, antes da fin do día 12, nesta páxina indicando os datos solicitados.
Entregarase unha camiseta a cada participante por orde de número de artigos creados, segundo dispoñibilidade de tallas e ata fin de existencias.
Os artigos válidos deberán ter un mínimo aproximado de uns 1.200 caracteres.
O período do concurso será dende as 00:00 ata as 24:00 do día 12 de marzo.
Dende o 12 de marzo ó 20 de marzo os participantes terán que indicar o número de artigos realizados na páxina de inscrición.
A partir do 20 de marzo comezará a distribución das camisetas.

As tallas que hai son S(pequena), M(mediana), L(grande), XL(extra grande) e XXL(extra extra grande).

Para inscribirse só hai que poñer o nome de usuario e a talla que precisa por orde de preferencia. O dato da cidade é opcional, logo do concurso iremos falando con todo o mundo para organizar a entrega das camisetas. O número de artigos creados terá que enchelo cada participante despois de que remate o tempo do concurso, é dicir despois do día 12 de marzo.

Usade a páxina de conversa para aclarar calquera dúbida.

Propostas de artigos[editar | editar a fonte]

Se non sabedes por onde comezar podedes facer os artigos destas listas:

Axudas en liña[editar | editar a fonte]

Lista de participantes[editar | editar a fonte]

Usuario Artigos creados Talla 1 Talla 2 Cidade Provincia
Usuario:Albert galiza 5 L M Madrid Madrid
Usuario:Davisuke 2 M L Covelo Pontevedra
Usuario: Xabier Cid 13 M S Stirling -
Usuario:Atobar 100 M L Copenhaguen -
Usuario:Paradanta 21 L XL Vigo Pontevedra
Usuario:Mohandas_g 0 L XL Pontevedra Pontevedra
Usuario:Beninho 35 M L Marín Pontevedra
Usuario:Xoacas 57 L M A Coruña Coruña
Usuario:Servando2 11 XL L Lalín Pontevedra
Usuario:Lameiro 52 S XL O Grove Pontevedra
Usuario:Alfonso Márquez 39 L XL Cabana de Bergantiños Coruña
Usuario:Toulousain 2 L XL Copenhaguen -
Usuario:Villalustre 21 (17 + 4 como ip) M L Sanxenxo Pontevedra
Usuario:Adorian 8 L XL Lugo Lugo
Usuario:Sualaxe 2 L M Vilagarcía Pontevedra
Usuario:Xas 18 L XL Lalín Pontevedra
Usuario:Suarez ruibal 3 L XL Cangas Pontevedra
Usuario:Imxavitooh 2 M L Barcelona Barcelona
Usuario:Santista1982 0 M L Santos -
Usuario:radix2 3 XL XXL Vigo Pontevedra