Uso lexítimo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo de fair use.

O fair use ou uso lexítimo é un concepto da lexislación estadounidense que permite baixo circunstancias especiais o uso de material protexido con dereitos de autor.

Se se trata de marcas rexistradas, os tribunais dos Estados Unidos consideran catro factores para determinar se é alegable a defensa de uso razoable:

  • o propósito e o carácter do uso en disputa;
  • a natureza da obra protexida con dereitos de autor;
  • a importancia da parte utilizada en relación coa obra en total;
  • e o efecto de devandito uso no mercado sobre o valor da obra protexida con dereitos de autor.

No caso de marcas rexistradas, o usuario secundario debe demostrar que non está usando unha marca de nome descritiva, xeograficamente descritiva ou persoal no sentido das marcas rexistradas, senón só para describir os seus bens ou servizos, ou a orixe xeográfica dos mesmos, ou ben, para nomear á persoa que dirixe a empresa.

Uso xusto das obras protexidas[editar | editar a fonte]

Os dereitos dun autor sobre as súas obras teñen algunhas limitacións, das cales a máis importante é o uso razoable. Considérase uso razoable a utilización dunha obra con propósitos de crítica, realización de comentarios descritivos, noticias, ensino e investigación.

Para decidir se o uso dunha obra é razoable tamén se toma en conta algúns outros factores:

  1. Se o uso é sen fin de lucro e educativo ou se é comercial;
  2. A porción do traballo utilizada;
  3. O efecto dese uso sobre o mercado potencial ou o valor do traballo protexido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]